InicioCULTURAManuel Murguía: da orixe da RAG á bandeira galega

Manuel Murguía: da orixe da RAG á bandeira galega

Publicada o

Por editor

Arrincaron onte as xornadas que a Real Academia Galega organizan co gallo do centenario do pasamento do seu primeiro presidente, o escritor, historiador e político Manuel Murguía. Fíxoo cunha mesa redonda centrada na relación do homenaxeado coas institución As sesións teñen lugar co apoio económico da Xunta de Galicia e contan coa colaboración das devanditas entidades e do Concello da Coruña.
Uns encontros (que se poden en directo pola canle de Youtube da RAG)

«As Xornadas Manuel Murguía comezan o día do centenario do seu pasamento, que aconteceu o 2 de xaneiro de 1923. A RAG conmemora con elas a figura do seu fundador, pero a Murguía tamén lle debemos os alicerces históricos do galeguismo, así como símbolos da identidade galega», así arrincou a directora da Sección de Literatura, Marilar Aleixandreque dedicou as xornadas Xosé Ramón Barreiro (1936-2021), gran biógrafo de Murguía e que tamén foi presidente da RAG.
«O programa trata de revelar a pluralidade e a complexidade da súa figura e obra. Murguía foi o pensador que construíu o paradigma do celtismo e do rexionalismo, foi unha personalidade clave na institucionalización da cultura galega e desempeñou tamén un papel importante nas relacións coa colectividade galega en América. A súa é unha vida moi completa que merece ser rescatada e lanzada cara ao futuro, cómpre traer ao primeiro plano un Murguía complexo, diverso e fundamental», engadeu o director da Sección de
Historia, Ramón Villares.
Tras a inauguración, na que interviñeron o presidente da RAG, Víctor F. Freixanes, o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e Marilar Aleixandre, a académica correspondente Ana Romero Masiá abordou os precedentes da RAG. Deseguido o investigador Emilio Xosé Ínsua centrouse nos primeiros anos da Academia, sinalando os conflitos que viviu naquel momento, as limitacións que sufriu e tamén os logros. O académico Xosé Luís Axeitos analizará despois o ambiente político e cultural da Coruña na que se fundou a RAG e o deseñador Pepe Barro ofrecerá unha intervención sobre a bandeira galega.

Antecedentes, atrancos e logros dos primeiros pasos da RAG

En 1883 a creación da Sociedad de Folklore Gallego, con Emilia Pardo Bazán como presidenta. «A nova sociedade iniciou a súa actividade a partir de 1884, pero aos poucos anos foi esmorecendo por diversas razóns, de modo que en 1894 a xunta directiva, encabezada polo vicepresidente, o médico republicano Ramón Pérez Costales, en ausencia de Pardo Bazán, decidiu que Folklore Gallego cambiase o seu nome polo de Academia Gallega e que pasasen tanto os membros de Folklore como parte dos seus fondos á nova Academia», repasa a historiadora Ana Romero Masiá. Pero diversos problemas políticos e persoais entre os dirixentes máis destacados imposibilitaron que esta Academia se consolidase, de modo que sería preciso reiniciar as xestión que callarían na inauguración da actual Real Academia Galega no ano 1906.

A bandeira galega de Manuel Murguía e Rosalía de Castro

Pepe Barro presentará no encontro unha contribución sobre a bandeira de Galicia. O deseñador sostén, a partir de distintos documentos, que Murguía foi o creador do símbolo que chegou á actualidade. «Ao longo do Rexurdimento sentiuse a necesidade dunha bandeira galega. No século XIX estaba estendida a vaga idea de que era branca, quizais coa cruz de Santiago no seu centro.

En 1891, Manuel Murguía crea a bandeira galega coa banda azul transversal sobre fondo branco. Iso é o que indica un documento que sinala a Murguía e á súa filla Alexandra como autores da bandeira, con ocasión da encomenda dun estandarte para o Centro Galego da Habana en 1891. E outro documento de 1892 explica como é a bandeira do dito estandarte», detalla.
Pepe Barro asegura ademais que existe unha imaxe desas bandeiras que desfilaron na Habana no IV Centenario do descubrimento de América e que informacións algo posteriores (1898) remiten ao traslado dos restos de Rosalía a Bonaval como o acontecemento no que por primeira vez loce a bandeira galega, en maio de 1891.

Máis citas

O programa, coorganizado polas seccións de Historia e Literatura da Academia, arrincou na Fundación Luis Seoane da Coruña e continuará os xoves 9 e 16 de febreiro no paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela e na Fundación Rosalía, na Casa da Matanza de Padrón.

ÚLTIMAS

A resaca branquiazul

Celebrou a Coruña, por partida cuádruple, o ansiado ascendo do Dépor á 2ª División....

Nace o I Premio Autobán ao Mellor Fanzine Galego 2023-2024

A Asociación Cultural Autobán, co apoio do Concello da Coruña, acaba de anunciar o...

Olladas doutro tempo: Santa Lucía

A escalinata de Santa Lucía sube dende a avenida de Fernández Latorre ata a...

Un detido na Coruña tras desarticular dúas organizacións que regularizaban fraudulentamente migrantes

Axentes da Policía Nacional, coa colaboración de Europol, desmantelaron dúas organizacións criminais e detiveron a 69 persoas, 35...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here