InicioA CORUÑAO novo contrato de Axuda a Domicilio do Concello da Coruña adxudicado...

O novo contrato de Axuda a Domicilio do Concello da Coruña adxudicado por 30 millóns

Publicada o

Por europapress

O Concello da Coruña aprobou, en Xunta de Goberno, a adxudicación do sete lotes que compoñen o novo Servizo de Axuda a Domicilio (SAD), un servizo que permite a atención directa á cidadanía en situación de dependencia recoñecida e que conta con case 1.200 persoas usuarias no termo municipal.

O novo contrato do Servizo de Axuda a Domicilio conta cun orzamento superior aos 30 millóns de euros para o período 2023-26: 6,7 millóns, correspondentes ao ano 2023; e 10,1 e 10,8 millóns para cada unha das anualidades correspondentes aos anos 2024 e 2025 e 3,3 millóns no 2026.

O contrato, “fundamental para reforzar os servizos sociais da cidade”, sinala o goberno local, concibiuse, engade, “baixo a premisa de garantir un servizo máis eficiente ás persoas usuarias e as súas familias, e dar as mellores condicións posibles ás 400 auxiliares que traballan ao seu lado”.

A principal novidade do novo Servizo de Axuda a Domicilio é a distribución da cidade en cinco zonas de atención diferenciadas (norte, oeste, centro, leste e sur), “un formato ideado para reforzar o concepto de proximidade, facilitar as substitucións puntuais e tamén o apoio entre auxiliares ante situacións imprevistas”.

ÚLTIMAS

Miles de persoas denuncian pacíficamente a “violencia policial”: “Galicia será a tumba do fascismo”

Néstor Rego (BNG) reclama a derrogación da Lei Mordaza e sitúa o 29N como...

Detido un home por un intento de homicidio contra o porteiro dunha discoteca da Coruña

Un home foi detido na Coruña na madrugada do venres ao sábado por un...

Cidadáns salvan da morte a unha muller arrastrada polo mar en Riazor

Varios cidadáns arriscaron este domingo as súas vidas para rescatar a unha muller arrastrada...

Comunitaria pon á vivenda colaborativa como unha alternativa real

Fan falta iniciativas singulares para que a sociedade poida enfrontarse á crise da vivenda,...