InicioOLEIROSPiden cárcere e inhabilitación para o alcalde de Oleiros pola derriva dun...

Piden cárcere e inhabilitación para o alcalde de Oleiros pola derriva dun inmoble modernista en ruínas

Publicada o

Por europapress

O Ministerio Público solicita un ano e tres meses de cárcere para o alcalde de Oleiros, Anxo García Seoane, pola derriba da Casa Carnicero, un inmoble modernista de principios de século XX que estaba en ruínas e que sufrira un incendio.

Así o comunicou o propio rexedor coincidindo coa súa presenza na presentación do que será o candidato de Alternativa dos Veciños en Sada, Paris Joel, nas próximas eleccións municipais.

O Ministerio Público entende que o feito supuxo un delito contra o patrimonio histórico. Con todo, o alcalde rexeitou estes argumentos e asegurou que “todos os informes” eran “favorables” á derriba, “mesmo un do Colexio de Arquitectos”.

Tamén argumentou que se derrubou polo “perigo” que levaba e que “non había peza que gardar nin que preservar”. Ademais, asegurou que había “un risco importante de desprendementos” e que xa se produciron algúns “polo mal tempo”.

Sobre o delito que se lle imputa, manifestou que lle tratan coma se fose un “cuatrero”, despois de que se lle pidan tamén 12 anos de inhabilitación. “Pero son como a ave fénix, que rexorde das súas cinzas”, sentenciou o alcalde, que volverá repetir como candidato de Oleiros nas municipais de maio.

ÚLTIMAS

As protestas contra a directiva e a censura colocan ao Dépor nun crú momento de fractura social

Deberían ser tempos de ilusión, coa volta do Dépor á 1ª División. Pero o...

Denuncian o colapso en Urxencias do Chuac mentres a xerencia sinala “unha demanda superior á habitual”

CIG-Saúde alertou dun colapso en Urxencias do complexo hospitalario universitario da Coruña (Chuac) mentres...

O PP da Coruña reclama ao Goberno un plan ferroviario urxente e investimentos para Alvedro

O PP da Coruña reclamou ao Goberno central novas actuacións en materia de infraestruturas...

A Policía detén un home tras roubar con violencia 50 euros a unha muller de máis de 80 anos

Axentes da Policía Nacional detiveron este luns na Coruña un home acusado dun roubo...