InicioBARRIOSTito Pérez: “Trato de contar historias da nosa sociedade, de aquí, con...

Tito Pérez: “Trato de contar historias da nosa sociedade, de aquí, con argumentos de aquí”

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Tito Pérez (1983) naceu e medrou en Monte Alto. De familia lucense (pai de San Miguel, en Palas de Rei, e nai do Picato, de Guntín, que emigraron doblemente, primeiro a Lugo e despois A Coruña), criouse entre a Igrexa de Santo Tomás e o cemiterio de San Amaro, xogando no patio traseiro do seu edificio, entre xeringuillas, e disfrutando dos veráns da praia de Adormideras.

Escolarizado no Salesianos, ten a meirande parte das súas lembranzas gabeando “pola rúa da Torre, aínda que tecnicamente non sexa Monte Alto, que sería Atochas”. Pero naqueles finais dos 80 e principios do 90 As Atochas tiñan historias que parecía o Times Square da serie de HBO The Deuce… “Daquela estaban as putas, e os chulos, no Papagaio, e lembro un día indo cara o Campo da Leña, que pasaba por alí, e ía unha señora andando diante miña e da miña irmá. Baixou un tío dun coche, empezou a berrarlle que subise. A muller dicía que non, e o chulo empezou a pegarlle, diante de todo o mundo, sen que ninguén fixera nada. Ao final montou no coche, e o que lle pegara non montou no coche, saíu correndo, para que non apuntaran a matrícula… Eu debía ter 8 anos, e quedei alucinado”, lembra.

Agora, este licenciado en Enxeñería Tecnica Industrial, leva xa 3 libros publicados, dous de relatos como Vinte fragmentos de mocidade voraz (2016, Editorial Toxosoutos) e O latexar do barrio (2019. Edicións do Peirao), e a súa primeira novela O grupo (2021. Medulia Ed.).

Ten clara a súa idea de por onde vai a súa obra. “A nivel literatura, tes libros de Partís, NYC… pero libros de aquí, de Galicia, como unha novela negra con argumentos reais de aquí na literatura galega, hai moi pouco. A miña intención, cos 3 libros que levo editados, é precisamente iso, contar historias da nosa sociedade actual, cos problemas actuais”. Sempre coa intención de facer reflexionar sobre a nosa sociedade, sen xulgar, pero contando cousas frecuentes.

Precisamente recoñece o seu interese pola proposta de convertir Coruña como Cidade Literaria, e considera fundamental escribir “cousas reais, que igual pasan desapercibidas, pero que eu vexo con outra visión, nas que se te criaches”.

Así, rescata a moitos daqueles personaxes que amargaron a adolescencia de moitos rapaces da cidade dándolles o palo como Os Pimbal, Aceituno… E a incidencia, por exemplo, no barrio de Monte Alto faise patente. “Non sei como chegou aos ouvidos dalgún destes macarras do barrio que o outro día me dixo un amigo que o confundiron comigo e lle dixeron que por que estaba escribindo cousas sobre el. ‘Viña con malas intencións’, díxome o meu amigo”, conta Tito.

 

  • Naqueles 80-90 Monte Alto era un barrio, conflitivo, case marxinal. Quedou iso daqueles tempos no imaxinario colectivo ou quedou máis a vida axitada dos Diplomáticos, do Entroido…? Que contas máis no libro?

Todos os barios populares, como Monte Alto, os Castros… habia delincuencia, pero a meirande parte da xente son traballadores. Había problemas sociais pero a maioría da xente
Tocoulles vivir alí.

O Entroido, non falo nada nos libros, pero é unha pasada. Aqueles martes do palco eran tremendos. A verdade é que os Diplomáticos tocáronme moi novos.

 

  • Que facías na adolescencia? Moito deporte? moita festa? Salas de máquinas? Cales eran os teus garitos favoritos?

Recreativas, si, iamos moito a Palleiro, a xogar ao fútbolín. E na rúa da Estrella iamos moito. Futbolín, salas de máquinas e gamberradas varias… Chegamos a queimar algunha bandeira.. Unha mítica foi roubarlles os exames a un profesor para vendelos ao resto do cole… Tamén tiñamos tamén as chaves do pavillón do colexio e iamos xogaer alí cando queríamos…

Cando empezamos a saír, con 16 anos, iamos moito a Bambina e Baroke. Por Coruña saímos polo Orzán, rollo Cazuza, Grietax, Kaops… Ou Pirámide e o Playa cando abría pola tarde.

E tamén paramos moito na Bota do Alemán, que mesmo o incluín nun dos libros.

 

  • Dende cando escrebes?

De pequeno, con 14 anos, cos trobadores Martín Codax, comecei a escribir poemas de amor á típica rapaza que pasaba de ti… Despois xa na carreira empecei a escribir relatos, xa nalgún dos primeiros gañei un premio, e a partir de aí funme animando, a escribir, presentarme…

Eu escribía sobre todo relatos, e algo de poesía. Publiquei o primeiro libro de relatos, despois o segundo, e agora a miña primeira novela.

Por agora, publicando gaño poucos cartos, pero cos premios algo se fai.

 

  • Como nace “Latexar de barrio. Vivencias e conflitos na sociedade real dun barrio”? Levaba tempo fraguándose na túa cabeza?

Escribino a raíz dos primeiros 20 relatos realistas. Todo están ambientados na nosa sociedade. Non é que sexan nas rúas de Coruña. Hai algún por exemplo, que se dan nunha casa, con problemáticas de aquí.

O caso é que un dos 20 relatos do primeiro libro chámase “Latexar de Barrio”, e é un percorrido dende a praza de España ata casa dos meus pais. O protagonista chámase Curros (sabes que Curros está enterrado no cemiterio) e va contando o que ve.

Intento describir a sociedade galega e os seus conflitos, no caso de ser lido, que a sociedade reflexione para mellorarse. Intento non caer no panfleto, pero ten unha intención clara. Eu non xulgo, describo o que fan, e que cada un saque as súas conclusións.

A novela, “O grupo”, vai sobre o bulling, por exemplo, cunha intención clarísima, das cousas reais e frecuentes.

  • Vaia angustia xera algún dos contos… Lendo a historia do Cabezón “cagueime” bastante…

Pois non é dos peores…

  • E para rematar, como ves o proceso de xentifricación do barrio?

Está máis caro que antes, pero dende logo se podería volver. O barrio agora, é un contraste entre a xente de antes, currantes ou yonkis reformados, e a xente que chega nova, tipo gafapasta. Hai un contraste que non se ve nos Mallos ou no Ventorrilo, onde non hai modernos.

ÚLTIMAS

“O Concello non ten vontade de solucionar a folga dos conserxes”

Continúa activa por segunda fin de semana a folga dos conserxes das instalacións deportivas...

Delegados da CIG mobilízanse en apoio a un extraballador municipal da Coruña que reclama o seu reincorporación

Delegados da CIG concentráronse ante os xulgados da Coruña con motivo do xuízo pola...

Dous feridos en Abegondo tras unha colisión entre un turismo e un vehículo de mercadorías

Dúas persoas resultaron feridas nunha colisión entre un vehículo de mercadorías e un turismo...

Dispositivo especial de seguridade este sábaod para o encontro Deportivo-Sporting de Xixón

A Policía establecerá un dispositivo especial desde o sábado polo partido que enfrontará o...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here