InicioCULTURA#MoveaLingua: A AMEGA celebra o Día dos Medios en Galego con Ortiga...

#MoveaLingua: A AMEGA celebra o Día dos Medios en Galego con Ortiga e Grande Amorte

Publicada o

Por editor

Cada 7 de febreiro Galicia celebra o Día dos Medios en Galego. Unha data que lembra a saída da primeira publicación xornalística realizada integramente na nosa lingua, ‘O Tío Marcos d’A Portela’, publicada en 1876.

Para celebralo, a Asociación de Medios en Galego (AMEGA) celebra un minifestival de música galega contemporánea, es xoves 9 ás 20:30h na Sala Capitol con Ortiga e Grande Amore, para o que as entradas se esgotaron en apenas un par de horas.

Este propio martes 7, celebrouse unha rolda de prensa de presentación no Pazo de San Roque, a sede da Secretaría Xeral de Política Lingüística, coa presenza do presidente da organizadora Asociación de Medios en Galego (AMEGA), Pablo García (de Radio Estrada), Valentín García (SXPL), Mercedes Rosón, concelleira de Acción Cultural de Santiago, e os artistas Ortiga e Grande Amore.

Pablo García sacou peito da “rede estable de medios de comunicación que constitúen un soporte para unha información veraz, plural e participativa en galego. Sen caer na autocomplacencia é momento de sacar peito e de estar moi orgullosos do camiño percorrido, hoxe celebramos a sexta edición dos medios en galego, máis unidos e mais fortes ca nunca, dentro dos máis de 130 medios que conforman AMEGA temos todo tipo de medios, TV, RADIO, Prensa Escrita, Dixitais… que cubren todas as necesidades de información e lecer. Medios xeralistas e especializados, que non só é que utilicen como lingua vehicular o galego, senón que difunden e posibilitan o xeito de vivir en galego”.
García apuntou ademais que o concerto que será retransmitido pola Rede de emisoras municipais galegas.

Pola súa parte, a concelleira Mercedes Rosón, foi reivindicativa. “É tan importante reivindicar este día para visibilizar esa eiva de que a meirande parte da oferta informativa está en castelán e que os datos do uso do galego son moi comprometidos, onde a perda de galegofalantes se acentúa sobre todo nas novas xeracións. Semella que o 50% da docencia en galego non é suficiente, cando a área ciencia-tecnolóxica queda fóra desta porcentaxe”.

Valentín García dou a benvida ao Pazo de San Roque, ao “Pazo da Lingua, que se pon de gala para recibir aos medios en galego, fundamentais no proceso de normalización”.  Destacou a cifra de 130 medios na nosa lingua, “un dato para estar orgullosos, pero non para baixar a intensidade. Nunca houbo tantos medios como agora na nosa lingua, pero todas as administracións temos que seguir fomentando a creación de información nos medios Máis próximos á mocidade, como redes sociais, dixitais, radios, tv… Porque recibir información na nosa lingua é como recibir unha información máis nosa”.

Tamén quixeron estar na rolda os arrtistas invitados. Grande Amore fixo un paralelismo entre a situación dos medios en galego e o mundo da música. “Nunca houbo a sensación de dicir cantos proxectos musicais hai en galego”. A pesar dos datos, considera que é “momento de ser optimista, porque creo que hai efervescencia creativa na nosa lingua”. Ademais, cun sorriso, sinalou que “para min, galegofalante da variante da Mariña, que digo orgulloso faigo, estou aquí encantado, porque ademais nunca tiven o debate de que en lingua fago música, é algo evidente”.

Ortiga deixou claro que non ten un discurso politizado, pero que cre “super imporante reivindicar a lingua, pero non facelo con descendencia, e non na eterna chorada do “non nos axudan”. Como a ninguén. Temos que asumir que a cousa está complicada pero hai que remar”. En calquera caso, defende que “creo que aportamos, na medida do que podemos, a normalizar a cousa”, orgulloso de que a AMEGA o contactase para participar nisto.

Ambos reflexionaron sobre o bo momento da música galega contemporánea. “É verdade que temos un foco enriba, de que “mola” cantar en galego. Pero tamén vemos que aínda existe iso de “Guau… y lo haces en gallego”. Non sei se iso chagará a cambiar nunca”, comentou Ortiga. “Eu, se un tema me saen en galego, en galego, se me sae en castellano, en castellano. A sociedade ten que evolucionar. Creo que iso é normalizar. Aínda me preguntan “Por que en galego?” Pero que pregunta é esa?!”, preguntouse, orgulloso.

 

ÚLTIMAS

Tres acusados de golpear mortalmente a Samuel Luiz: de arrepentimento a negativas

Tres acusados de golpear mortalmente a Samuel Luiz, Diego M.M., Alejandro F.G. e Kaio...

A veciñanza do Castrillón pide menos edificabilidade e máis VPO na nova urbanización

Segue a veciñanza do Castrillón moi preocupada pola nova urbanización que vén de aprobar...

Sensación “agridoce” dos mariscadores da ría do Burgo tras unha reunión sobre as axudas pendentes sen representación do Goberno central

O portavoz do colectivo de mariscadores da ría do Burgo, Manuel Baldomir, mostrou a sensación "agridoce" que...

Alegría no Martinete ante o comezo das obras do derrubamento do esqueleto

Antes do previsto, pero semella que as obras do derrubamento do esqueleto do Marinete...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here