InicioPOLÍTICAA Xunta reprocha ao Concello da Coruña "modificacións unilaterais" no convenio para...

A Xunta reprocha ao Concello da Coruña “modificacións unilaterais” no convenio para ampliar o Chuac

Publicada o

Por europapress

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, lamentou as “modificacións unilaterais” promovidas, na súa opinión, por parte do consistorio coruñés en relación ao convenio para a ampliación do complexo hospitalario universitario coruñés (Chuac).

“Estamos preocupados por esas modificacións unilaterais que fixo o concello”, sinalou a preguntas dos xornalistas o titular de Sanidade nun acto no hospital coruñés. Con todo, apelou ao “marco de relacións para poder, entre todos, botar a andar as obras” e, en base a iso, mostrouse confiado en que “rectifique ese cambio unilateral”.

“Cambia completamente as regras de xogo do documento que asinamos”, engadiu Comesaña quen apelou a un cambio por parte do concello para “volver ao documento que tiñamos consensuado”.

ÚLTIMAS

BioCultura convertiu ExpoCoruña no epicentro do movemento ecolóxico estatal

Madrid, Barcelona e... A Coruña. Non é casualidade que a feira BioCultura faga parada...

Multidunaria resposta á manifestación única do 8M na Coruña

Parece que algo se move nos sectores da esquerda do país. Ou así se...

Multitudinario acto feminista na Fábrica sobre o Patronato de protección a la mujer franquista

O auditorio da Fábrica quedou pequeno este sábado ante a grande afluencia de persoas...

Os Bombeiros celebraron o seu patrón cunha caravana por toda a cidade

O 8M tamén é San Juan de Dios, patrón dos Bombeiros, e esta mañá...