InicioECONOMÍAA Coruña, a provincia que máis mulleres contrata de Galicia

A Coruña, a provincia que máis mulleres contrata de Galicia

Publicada o

Por editor
A empresa de traballo temporal Randstad revela que as traballadoras de Galicia asinaron durante xaneiro 24.482 contratos, 30% menos que hai un ano, cando se asinaron 34.966, un descenso 6,6 puntos porcentuais máis acusado que a media do estado, situada no 23,4%. Estes contratos supoñen o 4,5% do total que se rubricaron en España.
No que se refire a provincias, A Coruña (10.477) e Pontevedra (9.449), lideran os maiores volumes de contratos femininos en Galicia, seguidas por Lugo (2.282) e Ourense (2.274).
A nivel estatal, Randstad destaca que o emprego feminino arrincou o ano 2023 co peor volume de contratos dos últimos doce meses, 545.154 firmas, e rexistrando desde setembro unha caída ininterrompida do 30,2%. A comparativa con respecto a hai un ano, cando se contabilizaron 713.290 contratos, tamén é negativa, cun descenso do 23,4%.
No que se refire a tipoloxía de contrato, Randstad releva que, a pesar da caída da contratación, o volume de indefinidos creceu considerablemente. En concreto, os contratos indefinidos asinados polas mulleres duplicáronse nun ano. De feito, a contratación indefinida entre as traballadoras supuña hai doce meses un 14,7% e actualmente, un 39,6%, unha tendencia habitual en todos os segmentos debido á entrada en vigor da reforma laboral.
No que a sectores se refire, Randstad destaca que a hostalaría (78.495), o comercio (72.482) e o sector sanitario (71.258) foron os sectores nos que maiores volumes de firmas por parte das traballadoras rexistráronse durante o pasado xaneiro, supondo a súa suma o 40% de todos os contratos que asinaron as mulleres.

ÚLTIMAS

Xurxo Souto presenta este venres, por primeira vez na súa Coruña, “A Novela do Bravú”

Despois das presentacións en Muros e na Casa das Crechas, en Compostela, toca, por...

Xuxán, Meicende, Os Mallos e Monte Alto estrearán 6 novas estacións de Bicicoruña

Segue medrando o transformador servizo de BiciCoruña. A semana pasada instalábanse dúas novas estacións...

“O 5 de decembro non haberá servizo de autobús interurbano”

Dá comezo este venres 5 a folga do sector do transporte de viaxeiros e...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here