InicioA CORUÑAComezan as demandas obras de humanización da rúa Ángel Rebollo, en Monte...

Comezan as demandas obras de humanización da rúa Ángel Rebollo, en Monte Alto

Publicada o

Por Redacción

Leva anos a veciñanza de Monte Alto denunciando o lamentable estado da rúa Ángel Rebollo. Por fin, o Concello comeza esta semana a remodelación e humanización integral da rúa que une o Campo de Marte coa Domus.

Debido á lonxitude da rúa, a reforma levaráse a cabo por fases. Os primeiros cortes de
tráfico para o desenvolvemento dos traballos serán no treito entre Arzobispo Gelmírez (onde acaban as recén estreadas escaleiras mecánicas da travesía Adelaida Muro) e
Ramón del Cueto, que permanecerá pechado ao paso de automóbiles ata o 30 de abril.

No proxecto contémplanse melloras como a renovación dos pavimentos (o firme de formigón e as baldosas das beirarrúas), do saneamento e a recollida de pluviais, da
canalización municipal nas dúas beirarrúas (coa instalación de catro novas tubaxes), a elevación dos pasos peonís, a reordenación dos contedores, unha nova sinalización horizontal e vertical e a instalación de bancos e árbores.

Ademais, no cruzamento coa rúa San Jorge acometerase unha reurbanización da zona e peonalizarase un tramo, cumprindo cos estándares de accesibilidade e mobilidade sostible que xa se levaron aos diferentes barrios da cidade, o que supón unha mellora no planeamento urbanístico, reforzando a seguridade das persoas residentes e melloras
estéticas.

 

Máis novas

A veciñanza de Ángel Rebollo xunta sinaturas para a humanización da rúa

Monte Alto: Xa funcionan as escaleiras de Adelaida Muro

O Plan de Barrios pasa revista ao estado de Monte Alto

 

 

ÚLTIMAS

O litoral da Coruña permanecerá en aviso amarela por vento este fin de semana

O litoral da provincia da Coruña permanecerá este fin de semana en aviso amarelo...

FAVA reclama á Xunta unha fase de exposición pública do novo mapa do transporte metropolitano

Incide de novo na lamentable situación do transporte metropolitano a Federación de Asociacións Veciñais...

Absolta unha médica do Chuac condenada a cárcere por consultar o historial clínico dunha compañeira

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) absolveu unha médica do complexo hospitalario...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here