InicioA CORUÑAO Consello Municipal de Cultura da Coruña, un elemento insuficiente segundo Unidas...

O Consello Municipal de Cultura da Coruña, un elemento insuficiente segundo Unidas Podemos para “arranxar” o sector

Publicada o

Por europapress

O candidato de Unidas Podemos á Alcaldía da Coruña, José Manuel Sande, denunciou que a aprobación da regulación do Consello Municipal de Cultura no pleno celebrado este xoves é “insuficiente” por ser, ao seu xuízo, un documento “limitado” o cal “non vai servir para arranxar os principais problemas do sector”.

“É unha boa metáfora política desta etapa culturalmente sen rumbo, anómala e para esquecer que vive a nosa cidade”, expresou en declaracións aos medios tras asistir como público ao pleno municipal.

Sande explicou que esta proposta é un documento “limitado, bienintencionado pero sen capacidade de decisión por parte do sector”. “Un regulamento que quere asesorar pero non vincular, informar máis que facer participar”, puntualizou.

Así mesmo, o candidato á Alcaldía destacou a necesidade “importantísima” de que A Coruña conte con “un goberno valente que deseñe políticas ambiciosas”. “A nosa aparición é xustamente un revulsivo pola parte que representa á rexeneración ética e tamén de proxecto de modelo útil de cidade”.

ÚLTIMAS

Un roteiro veciñal para reinvidicar a Rolda Peonil que atravesa a cidade

No marco do programa da Semana Europea da Mobilidade, que xa está en marcha...

As Festas de Monte Alto recuperan as Merendiñas da Torre

Monte Alto celebrará esta fin de semana unha nova edición das súas festas. Un...

Jardinería Arce S.L. consegue o contrato de 2,7 millóns de euros para o mantemento e conservacións de áreas infantís

A Xunta de Goberno Local vén de adxudicar o contrato de mantemento, conservación, limpeza...

Albalat, A Cidade das Rías, a metrópole e o transporte público

Case mellor imos a pé. --- ---- --- Buscando e recollendo datos sobre obras non catalogadas...