InicioECONOMÍARepsol estrea a súa nova terminal marítima para o tráfico de cru...

Repsol estrea a súa nova terminal marítima para o tráfico de cru no porto exterior da Coruña

Publicada o

Por europapress

Repsol operará cunha nova terminal marítima para o tráfico de cru no porto exterior en Arteixo, o que supón o histórico traslado das operacións deste tipo desde o porto interior, na cidade herculina.

No acto, e tras a visita das autoridades á nova terminal, tiveron lugar as intervencións. O presidente de Repsol reivindicou a refinaría da Coruña como un “activo” para a compañía e asegurou que a mesma continuará coa súa produción pero co obxectivo de reducir as emisións de CO2.

CARACTERÍSTICAS

Así mesmo, manifestou que a nova terminal, de 60.000 metros cadrados de parcela de chan e 52.000 metros cadrados de lámina de auga e na que se investiron 126 millóns, permitirá transitar á segunda fase para completar o traslado dos restos de tráficos desde o porto interior a Langosteira, ante unha concesión que finaliza en 2027.

Coa nova infraestrutura, lembrou tamén, dáse cumprimento ao auerdo subscrito en 2013 coa Autoridade Portuaria da Coruña, operando Repsol desde 2015 os tráficos sólidos no porto exterior, aos que agora se suma o cru, coa chegada xa na xornada do xoves dun petroleiro.

No acto, o presidente da Xunta manifestou que hoxe é “un día de celebración”. “Isto é o futuro”, dixo tamén aludindo, por outra banda, á implicación neste proxecto de diferentes gobernos. Tamén se referiu a a importancia da implicación de Repsol en “proxectos estratéxicos” promovidos pola Xunta.

Á súa vez, a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, fixo referencia ao respaldo do Executivo “para facer realidade investimentos”, mentres que a alcaldesa da Coruña, Inés Rei, manifestou que para a cidade é “un avance esencial” polas “posibilidades urbanas” no porto interior, pero tamén polo “fito” que supón a actividade en Langosteira.

Mentres, o rexedor de Arteixo aproveitou para demandar unha ligazón a Meicende na autovía ao porto exterior, así como para pedir que se ofrezan tamén servizos aos veciños da zona afectados, entre outras cuestións, por expropiacións. “Non só para a industria”, apuntou. O presidente do porto coruñés aludiu, no seu caso, á actividade portuaria no mesmo. “Este ano o que máis aumentou de España”, engadiu.

ÚLTIMAS

A preocupante situación do SAF da Coruña

Saían de novo onte á rúa as traballadoras de residencias privadas, pero desta volta...

Participación “masiva”, segundo sindicatos, nos paros do persoal de cociña do Hospital Quirón da Coruña

Os traballadores da cociña do Hospital Quirón da Coruña participaron de forma "masiva" nos...

Un mapa e 13 novas estacións para BiciCoruña

Anunciou onte o Concello da Coruña unha nova mellora no servizo municipal BiciCoruña. Ás...

Seleccionado un proxecto sobre o cancro da investigadora da UDC Elena Pazos polo CICA

A investigadora Elena Pazos Chantrero, do Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA) da...