InicioCULLEREDODivisión no pleno de Culleredo para aprobar os orzamentos

División no pleno de Culleredo para aprobar os orzamentos

Publicada o

Por editor

O pleno de Culleredo aprobaba inicialmente este venres en pleno os orzamentos para 2023, unha conta de 34,4 millóns . A proposta contou cos votos favorables do grupo de goberno socialista, e en contra de toda a oposición Bloque Nacionalista Galego, Partido Popular e Alternativa dos Veciños.

As cifras contan cun considerable aumento dun 24%, sobre todo previso no investimentos, chegando aos 8,8 millóns con grandes proxectos en ámbitos como a rede viaria, espazos públicos e equipamentos municipais. O alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, defende un proxecto orzamentario con “grandes actuacións para o avance que está a experimentar Culleredo”. “Queremos potenciar e optimizar a prestación de servizos co obxectivo de aumentar a calidade de vida”, afirmou.

Os gastos de persoal teñen un importe de 8.795.954,76 euros. E os gastos en bens e servizos sitúanse en 14.594.847,28 euros, apartado no que se inclúen os gastos de servizos sociais.

Boa parte dos investimentos o leva a mellora da rede viaria, como o plan de accesibilidade e reurbanización do rural, que abarcará Orro, Vinseira, Boedo, Bregua e Celas, con 700.000 euros; as actuacións de mellora de estradas en Rutis, con 622.000 euros; intervencións nas urbanizacións de Monte Alfeirán, Vallesur, Los Olivos e Mansosol, con 600.000 euros; e unha bolsa para mellorar a pavimentación das vías municipais por importe de 750.000 euros.
No casco urbano realizaranse numerosas actuacións, como a reforma da rúa Andrés Pan Vieiro, no Burgo, con 406.000 euros, ou a reforma das prazas de Tierno Galván, con 407.000 euros. E o Concello creará aparcadoiros no Burgo e Vilaboa por 300.000 euros.

En canto a equipamentos e locais públicos, o Concello destina 600.000 euros ao céspede do campo do Carrizo; 420.000 euros para o parque das Brañas; 200.000 euros para reformar a praza de Tarrío e o parque infantil; unha bolsa de 200.000 euros para substitucións en xogos infantís; e 50.000 euros para un parque periurbano en Almeiras.

Tamén está prevista unha actuación de 600.000 euros para a reforma do edificio C da antiga fábrica de La Cros.

 

ÚLTIMAS

A estación provisional de tren entrará en servizo este sábado e estará operativa ata 2026

O edificio da estación provisional de trens da Coruña entrará en servizo este sábado...

A alcaldesa da Coruña ve coma un “orgullo” que a cidade sexa unha das sedes do Mundial de Fútbol

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, cualificou como un "orgullo" que a cidade sexa...

As traballadoras de residencias privadas realizan unha caravana reivindicativa na Coruña

As traballadoras de residencias privadas continuaron este xoves na Coruña co calendario de mobilizacións...

A Coruña asina un convenio para colaborar en la identificación de prazas de mobilidade reducida

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e o tesoureiro da Asociación de Persoas con...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here