InicioDEPORTESCopa do Rei: O Liceo non puido co Barcelona

Copa do Rei: O Liceo non puido co Barcelona

Publicada o

Por Fernando Campos Mantiñán

O Deportivo Liceo non foi quen de impedir que o F.C. Barcelona adadara a súa Copa número 25. Os verdibrancos quedan co mel nos beizos, perdendo a final por 4 a 2 ante un equipo catalán que está intratable durante esta tempada.

Verdibrancos e blaugranas fixeron valer a súa condición de máximos favoritos ó título e véronse a caras na final da competición copeira. O Liceo chegaba ó derradeiro partido despois de desfacerse do Caldes (7-2) en cuartos, e do Voltregá (2-1) en semifinais. O Barcelona, pola súa parte, foi eliminando ó Igualada e ó Reus no seu camiño cara á final.

Os cataláns dominaron o encontro dende o inicio, chegando cun contundente 4 a 0 ós derradeiros dez minutos. Pero neste deporte sempre pode pasar de todo, e dous tantos de Álex Rodríguez a falta de 8:04 e de 3:27 apretaban o marcador e facían crer na milagre. Non foi suficiente, pois os barcelonistas conseguiron manter a vantaxe de dous goles ata o remate.

Na minicopa, tamén título para o Barcelona, quen derrotou ó Noia por un axustado 4-3. Os rapaces do Liceo foron eliminados en cuartos de final polo Caldes. Este ano a competición foi disputada polos equipos de categoría xuvenil dos clubes participantes, e non polos infantís, como viña sendo habitual. Foi un cambio a derradeira hora e con bastante polémica, xa que varios equipos negáronse a xogar cos cascos de protección homologados pola Federación Española, obrigatorios na categoría infantil para competicións de ámbito nacional.

 

  • Fernando Campos Matiñán. Comecei a xogar ó hóckey sobre patíns no Liceo ós 8 anos.
    Licenciado en CC. Da Actividade Física e o Deporte no INEF de Galicia. Entrenador e preparador físico de varios clubes (INEF Galicia, CP. Ordenes, EMH Cee, HC Liceo) Actual entrenador do Colexio Obradoiro.

MÁIS NOVAS DE HOCKEY

ÚLTIMAS

Así vén a Folga Xeral do 11N na Coruña

Este mércores 11 de novembro ten lugar a Folga Xeral convocada por UGT e...

Un novo portal para tramitar dixitalmente os permisos para acceder ás zonas de baixas emisións da Mariña, O Parrote, Pescaría e Cidade Vella

Era unha reclamación veciñal dende había tempo, e por fin, poderán realizar os trámites...

O Palexco acollerá a gala dos 25 anos dos Premios Mestre Mateo

A Coruña volverá ser a capital do audiovisual galego coa celebración da XXV edición...

O persoal da Compañía de Tranvías da Coruña ponse en folga

Os representantes dos traballadores da Compañía de Tranvías da Coruña, composto polas seccións sindicais...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here