InicioDEPORTESO Liceo xogará a Copa en Calafell por partida doble

O Liceo xogará a Copa en Calafell por partida doble

Publicada o

Por Fernando Campos Mantiñán

A localidade catalá de Calafell será a sede onde se disputará tanto a Copa do Rei coma a Copa da Raíña de hockey sobre patíns. Nas dúas competicións participará o Deportivo Liceo

O torneo masculino celebraráse do 2 ó 5 de marzo. Este luns 6 de febreiro terá lugar o sorteo, ás 16:00 horas no Castell da Santa Creu de Calafell. No bombo dos favoritos estará o Liceo, xunto co FC Barcelona, o Reus Deportiu e o Noia Freixenet.  No outro bombo, o anfitrión Calafell, Igualada, Caldes e Voltregá. As bolas decidirán os emparellamentos de cuartos de final.

A competición feminina comezará o 11 de maio, rematando o día 14. Os equipos clasificados son: HC Palau, CP Vila-Sana, Telecable HC e CP Manlleu como cabezas de serie. No segundo bombo, o Liceo xunto o CP Esneca Fraga, Bigues i Riells e CH Mataró.

Neste vistoso e emocionante torneo, os rapaces verdibrancos tentarán facerse co título, como xa conseguiron ata en dez ocasións. O Liceo é nada menos que o terceiro clube con máis títulos copeiros, tralo Barcelona (24) e o Español (11).  En canto ás rapazas, xogarán a copa por terceira vez na súa historia e tentarán superar as semifinais, o seu teito polo momento.

En ambos casos xogaráse tamén a “minicopa”, unha bonita copetición na que participan os equipos infantís (sub-15) dos clubes clasificados, enfrontándose no mesmo formato que os sus maiores, e cos mesmos emparellamentos.

Moita sorte a todos!

  • Fernando Campos Matiñán. Comecei a xogar ó hóckey sobre patíns no Liceo ós 8 anos.
    Licenciado en CC. Da Actividade Física e o Deporte no INEF de Galicia. Entrenador e preparador físico de varios clubes (INEF Galicia, CP. Ordenes, EMH Cee, HC Liceo) Actual entrenador do Colexio Obradoiro.

MÁIS NOVAS DE HOCKEY

ÚLTIMAS

A preocupante situación do SAF da Coruña

Saían de novo onte á rúa as traballadoras de residencias privadas, pero desta volta...

Participación “masiva”, segundo sindicatos, nos paros do persoal de cociña do Hospital Quirón da Coruña

Os traballadores da cociña do Hospital Quirón da Coruña participaron de forma "masiva" nos...

Un mapa e 13 novas estacións para BiciCoruña

Anunciou onte o Concello da Coruña unha nova mellora no servizo municipal BiciCoruña. Ás...

Seleccionado un proxecto sobre o cancro da investigadora da UDC Elena Pazos polo CICA

A investigadora Elena Pazos Chantrero, do Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA) da...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here