InicioSOCIEDADEOs médicos manteñen as moblizacións por un convenio propio mentres avanzan as...

Os médicos manteñen as moblizacións por un convenio propio mentres avanzan as negociacións coa Xunta

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

O sindicato O’Mega mantén o calendario de folga e de mobilizacións para conseguir un estatuto propio. Unha folga que se vén celebrando de luns a xoves, e que hoxe volve rondar o 85% nos Hospitais e o 25% nos centros de Atención Primaria, nos que, en todo caso, o sindicato xa conseguiu moitos avances nas mobilizacións dos pasados meses.

Despois de facelos nos Hospitals de Vigo, Lugo e Santiago ao longo da semana, esta mañá de xoves, concentráronse ás portas do CHUAC, unha vez que na reunión mantida onte coa Xunta (a primeira dende que comezaron as novas mobilizacións),”houbo algúns achegamentos, pero non o suficiente como para desconvocar a folga autonómica”, segundo relatan dende o sindicato O’Mega, o maioritario entre os sanitarios galegos. A negociación continúa aberta.

Concentracion Estatuto Propio CHUAC 2

As demandas

As demandas de O’Mega contan co apoio do Tribunal Supremo, que nunha sentenza de 2015 da súa Sala Cuarta ratificou que os sindicatos médicos teñen dereito a negociar convenios colectivos de empresa e de ámbito inferior en nome dos traballadores.

Xunto coa apertura desta mesa de negociación, a convocatoria desta folga tamén inclúe reivindicacións como:

  • a implantación efectiva da xornada laboral de 35 horas semanais para todo o persoal médico e sanitario, establecendo unha xornada máxima anual de 1.533 horas;
  • mecanismos de recuperación de sábados e festivos, como ocorre co resto de traballadores da administración pública de Galicia;
  • a actualización da normativa que regula a exención das gardas para os maiores de 55 anos;
  • un novo acordo sobre a xornada laboral, as condicións laborais e as retribucións dos médicos dos servizos de urxencias hospitalarias;
  • a actualización do plus de produtividade variable.
  • recoñecemento dunha traxectoria profesional que recoñeza todos os anos de traballo efectivo;
  • igualdade de dereitos para os médicos residentes e asistentes;
  • a posta en marcha dun complemento de mentoría para especialistas en formación, ademais da aplicación de protocolos contra agresións internas e externas.

Horas extraordinarias

Na súa convocatoria de folga, O’Mega tamén inclúe as demandas do colectivo de médicos que, desde hai varias semanas, se negan a facer horas extraordinarias nos hospitais do Servizo Galego de Saúde.

Estes médicos esixen non só a redacción dun estatuto propio, senón tamén outras demandas relacionadas coas competencias da Xunta, como un sistema de gardas que garanta aos médicos hospitalarios un tempo de descanso efectivo comparable ao do resto do persoal sanitario; unha paga por horas extraordinarias superior ao salario por hora ordinario; e a actualización das tarifas para o traballo ordinario, tendo en conta o aumento acumulado do IPC nos últimos anos. A recuperación dos días persoais perdidos durante a última crise económica ou a reincorporación íntegra do pago extra tamén suspendido durante a última crise.

Máis novas

ÚLTIMAS

Xa hai datas para as inscricións nos campamentos municipais de verán

Presentou hoxe o Concello da Coruña o programa dos necesarios Campamentos municipais de Verán....

Preguntan pola normalización do topónimo da empresa pública EMALCSA

A normalización do topónimo da cidade no Real Club Deportivo de A Coruña, conseguida...

Médicos da Coruña lanzan ‘Risco Cero’ para frear o “dramático” aumento das infeccións de transmisión sexual entre os mozos

O Colexio Oficial de Médicos da Coruña presentou unha nova campaña de charlas sobre...

O EHMU supera o seu ecuador e afronta outra finde de vertixe

O Encontro Mundial de Humorismo (EMHU) superou o seu ecuador e fíxoo co humor...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here