InicioCULTURAOlladas doutro tempo: “Orzán, oleaxe”

Olladas doutro tempo: “Orzán, oleaxe”

Publicada o

Por Fernando Campos Mantiñán

Precisamente así se titula a imaxe. “Orzán, oleaxe”. A data da captura, 1897. E o seu autor, José Sellier, probablemente o fotógrafo con máis sona da historia da nosa cidade.

Grandes ondas rompendo na praia. As crestas erguidas polo vento que lles da de fronte, deixando no ar un rastro de espuma. Un espectáculo da natureza que a todos nos chama a atención en calquera punto da costa. Pero a fotografía cobra aínda máis forza coa presenza da Torre ó fondo, senlleira, dominando a paisaxe. Moi diferente da vista actual, cun Monte Alto conquistado pola presión urbanística de meiados do século XX.

Sorprende a tremenda calidade da imaxe, tomada cos aparellos da época, pero trala cámara Lumiére -tecnoloxía punteira nese momento- estaba todo un artista. É incrible a sensación de movemento que transmite a imaxe, moitas veces difícil de acadar de forma nítida coas cámaras de hoxe en día. Sellier foi dos primeiros, se non o primeiro, en dispoñer dun cinematógrafo en toda España. Foi o primeiro que filma, revela e proxecta en Galicia, en maio de 1897 -Os portugueses Azevedo e Marques filmarían de paso por Ferrol no marzal, pero revelan e proxectan en Portugal-. Así que imaxinade o abraiados que poderían quedar os coruñeses de entón cando presenciaron a proxección de esas mesmas ondas… ¡en movemento!

No seu local “Fotografía de París”, rúa Real nº8, amosábanse filmacións de corta duración, menos de un minuto, o que deixaban rodar os 17 metros de película da cámara Lumiere dese momento. Buscábase rexistrar “anacos de realidade” o resultado sería algo así como postais en movemento. A mágoa é que esas cintas non se conservan, pero hai probas de que existiron: anuncios e reseñas periodísticas das súas proxeccións. Polo menos non se perderon as fotografías que o artista tomaba ó mesmo tempo, coma a preciosa imaxe desas ondas do Orzán.

En 1900 deixaría as filmacións para adicarse unicamente á fotografía, pero ninguén pode xa quitarlle o estatus de pioneiro do cine neste país. En 2013 o Concello adicoulle a José Sellier Loup unha praza entre as rúas Orzán e San Andrés, a carón da rúa Pastoriza.

 

FERnando-campos

  • Fernando Campos. Coruñés ata a médula e fanático da Historia, sobre todo se esa Historia é coruñesa. Máis de quince anos impartindo obradoiros culturais coma “Un paseo pola cidade”, “Personaxes da cidade” ou “ A Cidade Perdida” no Fórum Metropolitano e no Centro Ágora.

Olladas doutro tempo

ÚLTIMAS

Miles de persoas denuncian pacíficamente a “violencia policial”: “Galicia será a tumba do fascismo”

Néstor Rego (BNG) reclama a derrogación da Lei Mordaza e sitúa o 29N como...

Feijóo volve a Galicia esta fin de semana para mitinear na Coruña

O líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, volverá a Galicia por segundo fin de...

A Asoc. Galega de Software Libre lanza un concurso para mellorar a xestión das instalacións deportivas municipais galegas

En moitos concellos galegos, especialmente nos máis pequenos, a reserva de instalacións deportivas aínda...

Esta semana comeza a segunda fase das obras da rúa Ángel Rebollo

Un par de meses despois de rematar a primeira fase (entre Ramón del Cueto...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here