InicioECONOMÍAA CIG leva ante Inspección de Traballo a Repsol por non aplicar...

A CIG leva ante Inspección de Traballo a Repsol por non aplicar a lei de prevención de riscos laborais

Publicada o

Por monchomarino

A CIG presentou denuncia en Inspección de Traballo contra Repsol “polo incumprimento dos seus deberes de coordinación de actividades concorrentes que a lei de prevención de riscos laborais lle impón”, sinala a central sindical.

En concreto, indica que a dirección da empresa “négase a convocar o comité de seguridade e saúde intercontratas para tratar as medidas preventivas e facer un seguimento nesta materia durante os traballos da parada técnica”.

“Os labores de mantemento e posta ao día das diferentes unidades da refinaría comezaron a principios de marzo e, neste tempo, xa se produciron varios accidentes laborais, téndose constancia dun accidente no que un traballador tivo que ser trasladado en ambulancia”, indica.

A central sindical afirma que “a pesar das demandas da CIG e da representación do persoal, Repsol incumpre os seus deberes de coordinación, non convoca ao comité intercontratas e os traballos da parada, nos que interveñen máis de 1.400 traballadores e traballadoras, están a resultar un auténtico caos”. Tamén sostén que a empresa “obvia os compromisos adquiridos” desde a anterior parada.

RESPOSTA DE REPSOL

A dirección da refinaría de Repsol na Coruña afirma que ten “na seguridade a súa máxima prioridade” e que cumpre “estritamente coa lexislación vixente” tras a denuncia da CIG sobre “incumprimentos” nesta materia.

En declaracións a Europa Press, e en relación a estas manifestacións, afirma que a empresa inclúe nos seus pregos de contratación “cláusulas específicas para garantir que todas as empresas auxiliares cumpran coa lexislación laboral nas súas relacións contractuais cos traballadores”. “Desde o complexo están a cumprirse todos os acordos alcanzados en materia de seguridade cos representantes sindicais”.

“De feito, Repsol xa mantivo unha reunión co comité de seguridade e saúde intercontratas previamente á parada, para explicar os diferentes traballos e alcances previstos, así como o manual de seguridade da parada, de obrigado cumprimento para todas as empresas auxiliares que participan na mesma”.

Ademais, engade que “todos os días” mantense unha reunión de coordinación de seguridade de Repsol e os delegados de prevención das empresas contratistas que participan nestes traballos, “unha práctica que se realiza en todas as paradas programadas que levan a cabo no complexo”.

ÚLTIMAS

O centro da Coruña, totalmente limpo, mentres que Os Rosales-Labañou a recollida é do 5%

O lixo acumulado nas rúas da Coruña diminúe nunha nova xornada con colectores incendiados en...

Xa temos cartel do Festival Noroeste 2024

Este venres preséntase o programa completo da 37ª edición do Festival Noroeste. Como sempre,...

Así está a porcentaxe de limpeza do teu barrio

A Comisión de Seguimiento da emerxencia sanitaria composta fixo onte balance estado actual da...

A empresa Valoriza xa comeza a realizar a recollida do lixo

O Concello contrataba na tarde de onte á empresa Valoriza a recollida de lixo...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here