InicioA CORUÑAOs antigos terreos da AEMET na Coruña transformaranse nun parque público

Os antigos terreos da AEMET na Coruña transformaranse nun parque público

Publicada o

Por europapress

O Concello da Coruña e a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) derrubarán os muros do parque do Observatorio, no Agra do Orzán, para abrilo ao público creando unha zona verde no barrio.

A alcaldesa, Inés Rey, e o presidente da Aemet, Miguel Ángel López González, asinaron este venres o protocolo de actuacións que permitirá a apertura do parque do Observatorio nos terreos pertencentes ao citado organismo.

Baseándose neste protocolo, o Concello e a Axencia subscriben un acordo que facilitará a derriba do muro perimetral que rodea os terreos da Aemet, parcela na que se creará un novo parque público.

“O noso obxectivo é a súa apertura inmediata e, a medio prazo, actuar neste enclave para dispor alí diversos espazos de lecer para a cidadanía”, apuntou a alcaldesa na súa comparecencia ante os medios de comunicación.

A rexedora detallou que o goberno municipal asume os traballos necesarios para acondicionar unha superficie de aproximadamente 5.000 metros cadrados, asegurando todas as vías de acceso tanto ás zonas verdes como á sede da delegación da Aemet. Tamén a instalación do valo interior.

Pola súa banda, a Axencia facilita ao Concello o acceso e uso do terreo non edificado que é propiedade da Aemet, “co obxectivo de darlle uso como unha nova zona verde para o barrio da Agra”.

ÚLTIMAS

(Vídeos) – Histórica manifestación na Coruña pola vivenda con máis de 30.000 persoas nas rúas

73 minutos. Ese foi o tempo que tardou en pasar toda a manifestación unitaria...

Os sindicatos valoran o seguemento e as manifestacións da Folga Xeral: “Está sendo un éxito”

Parece domingo este mércores 11 de novembro na Coruña. A Folga Xeral por unha...

A folga deixa numerosas tendas e bares pechados na Coruña: “Tres ou catro clientes contados e despois nada”

A folga xeral deste mércores, 11 de novembro, deixou unha imaxe desigual nas rúas...

A folga do 11N comeza cos piquetes informativos e importante seguemento nas quendas nocturnas

Así arrinca a xornada de folga neste 11N, con piquetes informativos nos puntos industriais...