InicioA CORUÑA100% de servizos mínimos para a folga do persoal de limpeza do...

100% de servizos mínimos para a folga do persoal de limpeza do Hospital Abente y Lago

Publicada o

Por europapress

Así loita o goberno da Xunta contra os dereitos dos traballadores. “O desempeño da asistencia sanitaria pública non se pode ver afectado gravemente polo lexítimo exercicio do dereito de folga”, argumenta Consellería de Sanidade para explicar a orde que fixa uns servizos mínimos de 100% na área de urxencias durante a folga que afectará o persoal da empresa que presta servizos de limpeza no Hospital Abente e Lago da Coruña, que se desenvolverá con carácter indefinido a partir deste martes, día 11.

O DOG establece a mesma porcentaxe para as seccións de laboratorio de urxencias, radiodiagnóstico de urxencias, UCI, área cirúrxica, reanimación postquirúrgica e cardíaca, oncoloxía radioterápica, hematología, hospital de día e diálese.
Porén establece tamén uns servizos mínimos do 70% en radioloxía intervencionista, esterilización e hospitalización e un 50% nas áreas restantes.

 

ÚLTIMAS

O transporte da Coruña para de novo ante a mediación clave do luns

O transporte de viaxeiros por estrada na provincia da Coruña rexistrou este venres unha...

Os cursos do Fórum e do Ágora seguen sen data de inicio ante a indignación de profesorado e alumnado

Continúa a incerteza arredor dos cursos Culturais do Programa de Lecer do Fórum e...

O Concello da Coruña pecha parques e xardíns e mantén a costa precintada polo temporal en alerta vermella

O Concello da Coruña decidiu pechar parques e xardíns municipais e manter precintada toda...

Meu volve pasalo ben

Grandes novas neste 2026 para a escea musical coruñesa. Volve Meu (@meutheband. Aquela banda...