InicioPOLÍTICAAlternativa dos Veciños abre a súa nova sede na Coruña

Alternativa dos Veciños abre a súa nova sede na Coruña

Publicada o

Por editor

O candidato de Alternativa dos Veciños á alcaldía da Coruña, Chema Paz Gago, xunto co presidente do partido político, Ángel García Seoane, inauguraban onte a nova sede do partido na cidade herculina. Un espazo situado en Elviña dende alí para traballar nas propostas que lle repercutan positivamente cidade.

García Seoane destacou que “sabendo que temos todo en contra, temos que traballar mellorar e acadar este obxectivo. Presentámonos para entrar no concello de A Coruña cunha campaña para que todos saiban que teñen alternativa profesional, pensando no cidadán”.

Pola súa banda, a candidata pola Coruña, Paz Gago, indicou que “temos a ilusión de
ser a alternativa para devolverlle á cidade a súa esencia, e dar resposta ás necesidades de unha cidade do século XXI. Non somos profesionais da política”.

Acompañaron na presenación membro da lista como os responsables da área social e urbanismo, Ana Díaz Cortés e Agustín Concheiro Riande; o empresario Héctor Prego,
presidente da ONG África Universal Alioune Badara Sow “Pele”; e o psicólogo Álvaro
lago, entre outros.

ÚLTIMAS

Os Premios Youtubeiras+ xa teñen gañadoras e gañadores

O Teatro Jofre de Ferrol acolleu este pasado sábado a IX edición dos Premios...

Aterraxe de emerxencia dun voo privado a Casablanca en Alvedro por un problema de osíxeno na cabina

Un voo privado con destino a Casablanca (Marrocos) aterrou de emerxencia pasadas as 13.40...

Unha avaría obriga a deter un AVE entre A Coruña e Madrid en Ourense e provoca un atraso de 3 horas

Unha incidencia técnica, sobre a que Renfe non deu máis detalles, obrigou a deter...

Apolo18, a nova banda herculina que rompe cos sons reinantes na Xeración Z

Levan apenas un ano e medio como formación e xa están copando titulares das...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here