InicioDEPORTESMáis de 3.000 inscrit@s para a Coruña10

Máis de 3.000 inscrit@s para a Coruña10

Publicada o

Por editor

3.067 corredores e corredoras participarán este domingo 23 de abril na carreira popular Coruña10. O pelotón convertirase nunha marea invadindo as rúas da cidade.

A proba arrancará ás 10.00 horas desde Porta Real e transcorrerá polos Cantóns, Linares Rivas e os terreos interiores do Porto, para rematar de novo na Mariña.

Do total de persoas inscritas, competirán na categoría absoluta 2.181 persoas, e nas modalidades inferiores, 886.

Os dorsais e as camisetas pódense recoller este venres (de 17.00 a 22.00h) e sábado (de 10.00 a 21.30h) en El Corte Inglés de Ramón y Cajal. Ademais, haberá a posibilidade de recoller o dorsal o domingo no espazo que se habilitará no Parrote, a partir das 09.00 horas e ata media hora antes do inicio de cada proba.

 

ÚLTIMAS

As tapas do 22 establecimentos que participan no Concurso de Tapas Picadillo

Ponse en marcha a XXII edición do Concurso de Tapas Picadillo co obxectivo de...

O Concello da Coruña investirá 15.000 euros en rehabilitar a escultura do Acuario

Jorge S. Peteiro Vázquez creou a peza escultórica para instalala en 1998 na Enseada...

Unha viaxe virtual en SkpMotor con Galicia Simracing Events

No programa de SKPMotor CuacFM o gravado este xoves 19 de novembro de 2026...

Outra noite de pelexas no cruzamento na Tonda de Outeiro sáldase cun ferido por arma blanca

Un home resultou ferido nunha pelexa entre varias persoas nun local da Coruña e...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here