InicioOPINIÓNA batalla pola cidade deportiva Arsenio Iglesias

A batalla pola cidade deportiva Arsenio Iglesias

Publicada o

Por Ricardo Vales

Ao final da ditadura e principios da transición xa non resultaba indiferente para a veciñanza coruñesa preocuparse polos problemas dos barrios. Cuestións como sumidoiros, pontos de luz, pavimentación ou equipamentos públicos serven como banderín de enganche para que unha cidade reprimida e sometida estoupara por todos os lados. Participar a través das  organizacións encargadas de canalizar todo ese capítulo de reivindicacións mais, a súa vez, capaces de interpretar a realidade do momento, resultaba indispensábel. Os seus impulsores eran persoas que asumían un gran compromiso social e trala morte do ditador tiveron o contexto histórico máis favorábel para converterse en imprescindibeis, orientando os prantexamentos de todas as decisións adoptadas en asembleas.

Para situarnos na época, sirvan como botón de mostra cuestións como a calificación da canteira de Santa Margarita, que a veciñanza reclamaba como zona verde, a construcción de aparcamentos soterrados no centro da cidade ou a revisión do Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOM), cuxo documento foi obxeto de roubo das dependencias municipais, provocando a primeira gran manifestación contra a derradeira corporación franquista baixo a sospeita de que trala desaparición agochábanse potentes intereses particulares máis proclives a un texto de corte especulativo. Lembro grandes cartaces con fondo rigurosamente negro, ilustrados coa figura do alcalde escapando cunha maleta, espallados por toda a cidade. Contemplar aqueles feitos, 47 anos despois, significa dúas cousas: primeiro, considerar a cultura da época simbolizada polo propio alcalde, José Manuel Liaño Flores, que encarga ao concelleiro Alfonso Salazar Pichel, un coñecido constructor da cidade, a supervisión de todos os traballos relacionados coa revisión do PXOM; segundo, situalo nun contexto de resistencia da veciñanza que abriu algunhas fendas nas ríxidas estructuras da corporación franquista. Un alcalde acosado, como fechado nunha fortaleza: inmellorábel ocasión para o tan ansiado cambeo, que se escenifica coa toma de posesión da primeira corporación democrática o 19 de abril de 1979, capitaneada polo nacionalista Domingos Merino.
Cidade Deportiva Arsenio Iglesias / mondoiberica.com
Moitos daqueles feitos resúltanme entrañabeis polo momento en que se produciron e quedaron gardados na miña memoria colectiva xunto a outros da etapa vazquista como a construcción do Palacio de Congresos, o Casino do Atlántico ou a parcela da Cubela, mais ningún tan decisivo como a Cidade Deportiva da Torre, hoxe bautizada co nome do mítico Arsenio Iglesias. Chegamos aos anos oitenta e aquel acontecemento foi unha atalaia privilexiada da efervescencia reivindicativa do barrio de Atochas-Monte Alto fronte aos intentos da xunta directiva do R.C. Deportivo, presidida por Antonio Álvarez Rodríguez, de privatizar un espazo catalogado no planeamento urbanístico como zona verde. A marca da asociación veciñal do barrio fíxose tan omnipresente, que facendo horas extraordinarias, logrou encher a sartén da Torre de Hércules. A campaña veciñal foi vigorosa, deixando ouvir a súa reivindicación en todos os lugares posibeis, circunstancia que obrigou ao entón concelleiro de Urbanismo, Rafael Bárez, a poñer toda a carne no asador para impedir que o Deportivo puidera privatizar un espazo público. Un feito que marcou un hito e que serviu para tomar o pulso á trascendencia da participación veciñal da época.
Hoxe, grazas a aquela batalla, a Cidade Deportiva Arsenio Iglesias é un recinto público onde o son de fondo son os consellos dos entrenadores, os ánimos dos pais e amigos a rapaces que entrenan e xogan alí e que conforman unha auténtica emoción e quen sabe, si moitos deles coñecerán a gloria. Transcurrido tanto tempo, aquel feito merece lembrarse, aínda que a pretensión de solemnidade do recinto deportivo permaneza desfigurada pola presenza dun estercoleiro na Avenida de Navarra e o vello cárcere a escasos metros de distancia da Torre de Hércules, Patrimonio da Humanidade. Simple cuestión de respeto a paisaxe.
Ricardo Vales é expresidente da Asociación Veciñal de Atochas-Monte Alto e Responsábel de Comunicación da Plataforma Cívica Defensa do Común.

ÚLTIMAS

Inés Rey sobre Feijóo: “non ten nada que achegar á cidadanía”

A alcaldesa da Coruña, a socialista Inés Rey, sinalou que o líder do Partido...

A Garda Civil da Coruña recupera 16.700 euros e bloquea outros 126.000 en fraudes de investimento e estafas de factura

A Garda Civil da Coruña recupera 16.700 euros e bloquea outros 126.000 en fraudes de investimento e...

Colaboración entre a UDC e o Hospital de Ferrol para desenvolver lentes de realidade aumentada en cirurxía

Profesionais do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (CHUF) colaboran co Campus Industrial de Ferrol...

Desestimada unha demanda por desafiuzamento nun edificio de Cambre promovida pola Sareb

A Audiencia Provincial desestimou o recurso de apelación interposto pola Sareb (coñecido como o...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here