InicioA CORUÑAOs 17 proxectos que se poderán desenvolver na Coruña cos 9,1 millóns...

Os 17 proxectos que se poderán desenvolver na Coruña cos 9,1 millóns dos fondos Next Generation

Publicada o

Por editor

O Goberno central vén de aprobar a concesón de 9,1 millóns de euros para o Concello da Coruña no marco na segunda convocatoria dos fondos europeos Next Generation. Unhas axudas, que se complementarán cunha achega municipal de 3,1 millóns de euros, que prermitirán acometer 17 proxectos na cidade por un importe total de 12,3 millóns de euros.

Con estas cifras, a Coruña “é a primeira cidade do país en investimento por habitante entre as que acadaron maior financiamento cunha media de máis de 37 euros por persoa”. Ademais, os 9,1 millóns súmanse aos 44 millóns obtidos neste mandato de distintas Administracións e xa están executados ou en execución.

Os 17 proxectos cofinanciados son:

Ampliación de BiciCoruña

Bicicoruna en Pablo Iglesias
Estación de Bicicoruña en Pablo Iglesias

A meirande partida será a de 2,5 millóns de euros para ampliación do servizo de BiciCoruña, cunha ampliación das 55 estacións que están previstas e en execución.

Urbanización da avenida da Sardiñeira

Hai 1,8 millóns destinados á urbanización da avenida, coa creación dunha glorieta que conectará a Sardiñeira coa avenida de Arteixo. A actuación contempla outras novidades para a avenida, como un carril bici bidireccional, a implantación do sentido único na rúa Europa e a modificación da intersección coa rolda de Outeiro. Os traballos complementarán os que se realizan para a creación da estación intermodal.

Reurbanización de Pla y Cancela

Melloraranse as condicións de accesibilidade en Pla y Cancela. Esta actuación complementará á xa executada na glorieta entre a rolda de Nelle e a avenida de Arteixo. Ampliaranse as beirarrúas e crearanse novas zonas verdes. O orzamento da actuación é de 1,1 millóns de euros.

Reurbanización das rúas San Mateo e Padre Sarmiento

Esta actuación suporá a creación dunha plataforma única na rúa e permitirá incrementar as zonas verdes e manter a tendencia dos elementos que caracterizan ao parque de Santa Margarida. A actuación suporá un investimento de 833.000 euros.

Mellora de accesibilidade ao Centro Oncolóxico

Esta actuación busca mellorar os accesos peonís e en coche ao Centro Oncolóxico. Instalarase un pavimento accesible para a circulación peonil e melloraranse as condicións de seguridade para as persoas que accedan en vehículo privado e para ambulancias. Ademais, crearase unha parada de taxis que dará servizo ao hospital e renovarase o sistema de iluminación. Esta obra terá un orzamento de 411.000 euros.

Creación de escaleiras mecánicas en Adelaida Muro e Pintor Villar Chao

Trátanse de melloras de accesibilidade nas dúas rúas, onde a día de hoxe hai varios tramos de escaleiras. Os proxectos contemplan a instalación de novas escaleiras mecánicas, que suporán unha mellora no tránsito de viandantes. Tamén se actuará sobre o pavimento e se dotará a ambas actuacións de novo mobiliario urbano. O orzamento é de 1,1 millóns de euros no caso de Adelaida Muro e de 433.000 no caso de Pintor Villar Chao.

Reurbanización da rampla do Matadoiro

Esta actuación consistirá na ampliación das zonas peonís, a renovación de diferentes servizos municipais, a plantación de novas zonas verdes e a instalación de mobiliario urbano. O seu orzamento é de 548.000 euros. O obxectivo é mellorar o tránsito peonil e aproveitar o máximo o espazo para o seu uso pola cidadanía.

Melloras de accesibilidade entre Peruleiro e a rúa Barcelona

Esta actuación permitirá adaptar diferentes rúas desta zona á normativa actual de accesibilidade. A actuación comprende a totalidade das rúas Fanny Garrido e Julia Minguillón.
Tamén se reurbanizarán varios tramos de Manuel Deschamps, Almirante Mourelle e Páramo. A actuación vai na liña de outras levadas a cabo na cidade en materia de accesibilidade e terá un orzamento de máis de 600.000 euros.

Melloras de accesibilidade na cidade para mobilidade reducida

Esta actuación conxunta en tres puntos da cidade xa foi executada nos últimos meses e, agora, o Concello recuperará o investido a través destes fondos Next Generation. Trátase dunha das propostas gañadoras dos Orzamentos Participativos. No Paseo das Pontes, no seu cruzamento coa avenida de Finisterre, instalouse unha nova parada de bus e melloráronse as beirarrúas. Por outra banda, instaláronse novos pasos peonís en Maxistrado Manuel Artime e na avenida da Concordia. O orzamento total desta actuación xa executada foi de 208.000 euros.

Glorietas na avenida de Fisterra

Inclúense nesta convocatoria as dúas glorietas que temos plantexadas na Grela, na avenida de Fisterra, nos cruzamentos das rúas Gambrinus e Gutenberg. O orzamento de cada unha das actuación será de 390.000 euros.

Reordenación do cruzamento entre a rúa Bergondo e a avenida Casanova de Eirís

Implantarase unha glorieta e melloraranse as condicións de accesibilidade. Tamén se actuará sobre o pavimento de toda a contorna e plantaranse novas árbores. Esta actuación terá un orzamento de 193.000 euros.

Contornas escolares seguros

Outra actuación deste programa, nesta ocasión na praza Pintor Laxeiro. Renovarase o pavimento deteriorado, reorganizaranse as diferentes seccións da rúa, sanearase e incrementaranse as zonas verdes e, en definitiva, levarase a cabo unha mellora estética xeral da praza. O orzamento ascende a 400.000 euros.

Mellora de accesibilidade na rúa Castaños

Cun orzamento de 200.000 euros, realizarase a creación dunha rampla que permita que esta rúa do Barrio das Flores e o acceso ás vivendas sexa 100% accesible. A actuación contempla tamén a creación dun novo acceso desde a avenida de Monelos e se mellorará tamén o acceso ás vivendas.

Reforzo da sinalización de pasos de peóns

Actuación global en toda a cidade que consistirá na instalación de novas sinais para os pasos de peóns. Serán sinais luminosas con placas solares. O obxectivo é mellorar a seguridade viaria e o orzamento será de 280.000 euros.

Mellora de accesibilidade nas paradas de autobús

Adaptaranse 11 novas paradas as necesidades de todas as persoas usuarias. A maioría estarán situadas na zona dos Castros, Castrillón e Eirís, pero haberá tamén melloras en Monte Alto ou Catro Camiños. A actuación ten un orzamento de 694.000 euros.

ÚLTIMAS

“O Concello non ten vontade de solucionar a folga dos conserxes”

Continúa activa por segunda fin de semana a folga dos conserxes das instalacións deportivas...

Delegados da CIG mobilízanse en apoio a un extraballador municipal da Coruña que reclama o seu reincorporación

Delegados da CIG concentráronse ante os xulgados da Coruña con motivo do xuízo pola...

Dous feridos en Abegondo tras unha colisión entre un turismo e un vehículo de mercadorías

Dúas persoas resultaron feridas nunha colisión entre un vehículo de mercadorías e un turismo...

Dispositivo especial de seguridade este sábaod para o encontro Deportivo-Sporting de Xixón

A Policía establecerá un dispositivo especial desde o sábado polo partido que enfrontará o...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here