InicioBARRIOSMilleiros de alumn@s levaron a Ciencia ao parque de Santa Margarida

Milleiros de alumn@s levaron a Ciencia ao parque de Santa Margarida

Publicada o

Por editor

Medio cento de centros educativos enchen Santa Margarida para celebrar o Día da Ciencia na Rúa. Alumnado e profesorado de 48 centros educativos de diversas localidades galegas (Coruña, Betanzos, Culleredo, Ribadeo, Cambre, Carral, Coristanco, Ortigueira, Arteixo, Miño, Arzúa,  Pontedeume, As Pontes, Outes, Zas, Poio, Oleiros e Cerceda) trouxeron este sábado ducias de actividades e experiencias que prepararon durante meses para convidar a cidadanía a descubrir, aprender e xogar coa ciencia e a tecnoloxía.

Durante todo o día, alumnos e alumnas amosarán á cidadanía os seus proxectos científicos. Ademais, houbo diferentes actividades paralelas, como a actuación da Banda Municipal de Música da Coruña na escalinata da Casa das Ciencias.

Os museos científicos son este sábado de acceso gratuíto. No caso do Aquarium Finisterrae, era necesario retirar previamente uns convites que xa están esgotados. A entrada á Domus e Casa das Ciencias é libre e no que vai de xornada rexistrouse un alto número de visitas.

ÚLTIMAS

Furor na Coruña pola eclipse: os hoteis están cheos cinco meses antes

A eclipse total de sol que poderá verse desde Galicia o próximo 12 de...

Amplíase o servizo de atención aos cidadáns 010 a todos os días da semana

O Concello da Coruña ampliou o servizo 010 de atención aos cidadáns a todos...

Arrinca en Arteixo a tempada do Campionato Xunta de Galicia de Autocross 2026

O sábado 21 de marzo darase o pistoletazo de saída á tempada do Campionato...

O Concello asegura que os cursos culturais do Programa de Lecer volverán en abril

Mantivo esta mañá o colectivo de docentes dos cursos Culturais do Programa de Lecer...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here