InicioARTEIXOArrinca en Arteixo a tempada do Campionato Xunta de Galicia de Autocross...

Arrinca en Arteixo a tempada do Campionato Xunta de Galicia de Autocross 2026

Publicada o

Por Xurxo Varela

O sábado 21 de marzo darase o pistoletazo de saída á tempada do Campionato Xunta de Galicia de Autocross coa celebración da primeira carreira no Circuíto José Ramón Losada de Arteixo, máis coñecido como “A Catedral” do Autocross a nivel nacional, proba organizada pola Pena Autocross Arteixo.

A tempada 2026 constará de 7 carreiras, este sábado 21 en Arteixo, a última fin de semana de abril no circuíto do Castro en Rianxo, en xuño a carreira será a primeira fin de semana en Carballo, para volver a Arteixo o 27 de Xuño, a carreira de Santa Comba o 18 de xullo, agosto non ten competición e en setembro o sábado 12 os pilotos correrán en Carballo para finalizar de novo no Castro o sábado 10 de outubro.

Gran traballo que está a realizar a Peña Autocross Arteixo que chega á súa carreira nº 88 cunha altísima inscrición, un total de 90 equipos estarán na grella de saída.

Na Clase 1 serán 19 participantes, Clase 2 temos 18 participantes, a categoría con máis inscritos é a de Carcross con 39 pilotos, a Carcross Junior terá unha grella con 11 vehículos e a categoría dos Buggys só 3 pilotos.

A actividade en “A Catedral” comezará o venres 20 coas verificacións voluntarias de 18 a 22h e o sábado desde as 07.30 h as verificacións administrativas e técnicas para comezar os entrenos oficiais ás 10.30 h dúas mangas clasificatorias e a Gran Final ás 18.00 h.

Máis novas

EscapeMotor, o espazo radiofónico máis potente da provincia faise na CUAC FM

ÚLTIMAS

Os coidados, de novo á palestra no VIII Encontro de Mulleres Coidadoras

A Fundación Mujeres organizou onte o VIII Encontro de Mulleres Coidadoras na Biblioteca Pública...

Doce persoas detidas e unha rede de narcotráfico desmantelada en Galicia

Nova operación contra o narcotráfico en Galicia. Membros do Equipo de Delincuencia Organizada e...

En marcha as obras de mellora da accesibilidade no Castro de Elviña

O Concello comezou as obras do proxecto de acondicionamento e mellora da accesibilidade no...

Uxía, Guadi Galego, A Banda da Loba, Corina Alfonso e Leti da Taberna abriron o telón do Festigual

O Teatro Rosalía de Castro acolleu esta passada noite de mércores a gala ‘Mulleres...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here