InicioA CORUÑAOs coidados, de novo á palestra no VIII Encontro de Mulleres Coidadoras

Os coidados, de novo á palestra no VIII Encontro de Mulleres Coidadoras

Publicada o

Por Redacción

A Fundación Mujeres organizou onte o VIII Encontro de Mulleres Coidadoras na Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés. Baixo o título «A coordinación dos coidados. Necesidades das coidadoras, obstáculos e situación actual», a xornada serviu para presentar do Documento de Recomendacións Cuidadanas 2026, elaborado a partir da experiencia de 57 mulleres coidadoras e das achegas de 58 profesionais do ámbito social e sanitario.

Un documento que serve par identificar os principais retos, obstáculos e necesidades das mulleres coidadoras non profesionais, buscando a promoción dunha resposta articulada e conxunta entre servizos, prestacións e apoios. Entre os datos singulares, resaltaron que o 56% das mulleres coidan diariamente de menores ou persoas dependentes fronte ao 29% dos homes.

Interviu a Concelleira de Serivoz Sociais Nereida Canosa, que lembro que os coidados foron considerados historicamente unha responsabilidade das familias, asumida fundamentalmente polas mulleres e dada por feita, sen apenas recoñecemento social. Unha realidade que, advertiu, non desapareceu: «Os coidados non poden seguir entendéndose como un asunto privado, que se resolve fundamentalmente dentro das casas e que recae por defecto nas mulleres».
A concelleira subliñou que coidar non consiste unicamente en atender as necesidades cotiás doutra persoa, senón tamén en organizar, anticiparse, estar pendente de citas e tratamentos e relacionarse cos servizos. Por iso, reclamou unha maior coordinación entre os distintos ámbitos que interveñen na atención: «As familias non deberían ter que asumir a tarefa de relacionar servizos ou conseguir por si mesmas que a atención teña continuidade».

 

O Concello mantén unha colaboración estable con Fundación Mujeres a través dun convenio dotado con 50.000 euros para 2026, destinado ao servizo de apoio integral ás mulleres coidadoras do municipio. Este programa busca atender as necesidades propias de quen coida, que
adoitan quedar relegadas cando toda a atención se concentra na persoa atendida.
Esta colaboración enmárcase no conxunto da resposta municipal en materia de atención e coidados, da que forman parte os servizos sociais comunitarios e o servizo de axuda no fogar.

Novas dos Servizos Sociais

“Coidar non é indigno. É inxusto facelo sen dereitos”: Denuncian a falta de protección das coidadoras e traballadoras do fogar

O Centro de Baixa Esixencia de Labañou cumple un ano: “Un espazo de dignidade dentro da cidade”

Os Servizos Sociais da Coruña para as persoas sen fogar, un mar de segundas oportunidades

Sísifo abre as portas da sociedade a base de calor

ÚLTIMAS

Doce persoas detidas e unha rede de narcotráfico desmantelada en Galicia

Nova operación contra o narcotráfico en Galicia. Membros do Equipo de Delincuencia Organizada e...

Uxía, Guadi Galego, A Banda da Loba, Corina Alfonso e Leti da Taberna abriron o telón do Festigual

O Teatro Rosalía de Castro acolleu esta passada noite de mércores a gala ‘Mulleres...

A Xunta ameaza con usar os fondos estatais de vivenda en proxectos propios se o concello non cede parcelas

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas amosou a súa disposición a entregar...

A Coruña e o milagre dos pisos desaparecidos

Na cidade hai miles de persoas buscando casa, administracións buscando culpables e políticos buscando...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here