InicioMOV. SOCIAISPiden a retirada dos 400 símbolos franquistas que hai na provincia da...

Piden a retirada dos 400 símbolos franquistas que hai na provincia da Coruña

Publicada o

Por editor
A provincia da Coruña mantén a día de hoxe, 84 anos despois de rematada a Guerra Civil, un total de 400 símbolos franquistas, 38 na deputación, 169 no concello da Coruña, 52 en Santiago, 47 en Ferrol, 16 en Betanzos ou 10 en Ortigueira. Por iso, Manuel Monge, presidente da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña 2007-2011, remitiu un escrito este luns , 8 de maio, ao organismo provincial sobre a eliminación da simboloxía franquista.
É o terceiro escrito sobre o tema, após os anteriores en 2018 e 2019“, apunta Monge que acalara que é o terceiro escrito deste tipo que presenta e que o fai como sociólogo, investigador dos restos do franquismo e como vítima do fascismo. Nel pide que se elimine esta simboloxía antes das eleccións municipais do 28M.
Tamén lembra que a deputación está informada xa da existencia desa simboloxía franquista e denuncia o incumprimento de acordos e das leis vixentes. “A Deputación da Coruña non cumpre os seus propios acordos, nin os acordos do Parlamento Galego e tampouco cumpre coa Lei de Memoria Democrática”, critica. “Considero que esta situación é unha ilegalidade, unha vergoña para a Deputación da Coruña, unha desidia, un desprestixio da democracia e unha ofensa e humillación para as vítimas do franquismo”, engade.
Monge recolle unha relación dos 38 símbolos franquistas, con especial atención aos militares que organizaron o golpe de Estado na Coruña en 1936 (Enrique Cánovas Lacruz, Gobernador Militar, Luis Tovar Figueras, Xefe do Estado Maior, Pablo Martín Alonso, Coronel do Reximento Zamora número 8 e Florentino González Vallés, Tenente Coronel da Garda Civil), que son Fillos Adoptivos e Predilectos da provincia desde xaneiro de 1937 e que aínda conservan hoxe esas distincións. Inclúe tamén unha análise comparativa do que se fai noutras institucións para acabar coa simboloxía franquista.

ÚLTIMAS

A presidenta do COAG desmonta o proceso da Fachada Marítima: “O que vexo é que a Autoridade Portuaria quere sacar rendemento económico”

"As bases estratéxicas non parten dun consenso previo coa cidadanía, polo tanto deberían...

6,2 millóns de euros para primeira fase de mellora de equipamentos deportivos

O Plan de Mellora de Equipamentos Deportivos nos barrios do Concello da Coruña conta...

Máis de 300 persoas secundan cunha marcha a denuncia polos recortes nos CEIPs de Oleiros

Ambiente reivindicativo e festivo o vivido este pasado sábado na marcha organizada pola ANPA...

Sabela adica o seu novo traballo a Maruja Mallo

Novo traballo vén de presentar Sabela. A artista, natural de Viveiro pero herculina de adopción acaba...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here