InicioDEPORTESRunki, a Carreira das Superheroínas volve encher a Coruña de deporte e...

Runki, a Carreira das Superheroínas volve encher a Coruña de deporte e solidariedade

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Este domingo 14 de maio as rúa herculinas volverán encherse de deporte e solidariedade coa Carreira Runki. A divertida carreira-festa, organizada polas Fundacións ADCAI e ENKI, supón un evento único en España. Familias enteiras disfrutarán dunha mañá chea de actividades.

A carreira de 7km para adultos sairá de Riazor para chegar a Maria Pita percorrendo o paseo marítimo. Pero a máis fermosa é a carreira das criaturas. A MiniRunki ten un percorrido de 2km, saíndo tamén de Riazor pero chegando directamente a María Pita polo centro.

Haberá premios aos mellores disfraces individual e colectivo, ou ao equipo máis rápido.

A inscrición con chip xa rematou, pero aínda podedes inscribirvos ata a mesmísima mañá do domingo para participar sen competición en runki.org ou en https://www.enkiproyecto.com/inscripcion/.

ÚLTIMAS

Con permiso de la autoridad eclesiástica, premio á mellor cutrometraxe no Intersección da Coruña

Intersección, o Festival Internacional de Cine da Coruña, deu a coñecer o palmarés da...

O cirurxián Diego González Rivas, protagonista do cuarto podcast de Rueda

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo unha conversa co cirurxián coruñés Diego González...

Tres coches calcinados esta noite na Coruña, sen persoas feridas

Tres vehículos que estaban estacionados arderon na madrugada deste domingo na Coruña. Non houbo...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here