InicioPOLÍTICAO BNG reúne a creadores de contido en galego para reinvindicar a...

O BNG reúne a creadores de contido en galego para reinvindicar a importancia do idioma

Publicada o

Por editor

o candidato á Alcaldía da Coruña, Francisco Jorquera, comprometeuse a impulsar políticas que normalicen o uso do galego “en todos os ámbitos” do concello. “O BNG non confunde a cultura co espectáculo, que tamén son importantes, e non confunde a política cultural cunha simple sucesión de actos, efemérides e eventos”, sinalou.

Foi durante un acto no que se reuniu con creadores de contido e proxectos en galego no que tamén estivo a líder do BNG, Ana Pontón. Así, na xuntanza, Jorquera recalcou que a cultura é “un factor de benestar, de riqueza e de desenvolvemento económico”. “O noso idioma é unha vantaxe, é a base dun sistema con máis de 300 millóns de falantes”, puntualizou Jorquera, quen trasladou o respaldo á produción audiovisual en galego”.

CRÍTICAS AO PP

Pola súa banda, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, cualificou ao PP como un “auténtico terminator do galego” en contraposición á formación nacionalista da que dixo que nos concellos onde goberna xoga “un papel activo” na defensa desta lingua e da súa normalización.

“Fronte ao libro negro do PP está o libro branco que a sociedade quere escribir en galego”, manifestou con motivo da súa participación nun encontro da candidatura do BNG na Coruña con creadores e creadoras que usan o galego nos seus traballos. “Por primeira vez, non é o idioma máis falado pola nosa sociedade“, lamentouse Pontón, que alertou de que esta está “a avanzar cara a un monolingüismo en castelán”.

“É fundamental que as persoas que queiran usar a nosa lingua, poidan facelo con normalidade”, recalcou a dirixente nacionalista, quen reivindicou o labor dos concellos a este respecto para traballar “man a man coa sociedade. “É a herdanza que deixamos a futuras xeracións”, apostilou. En canto ás propostas do BNG para solucionar esta situación, destacou a posta en marcha de servizos específicos de normalización lingüística, a utilización do galego como lingua oficial dos concellos e o fomento do idioma co tecido empresarial e comercial.

ÚLTIMAS

Desconvocada a folga na Anteción Primaria

Despois de 4 semanas de folga e 80.000 consultas anuladas, Xunta e O'Mega, o...

Eugenia Gil Soriano, a árbitra internacional herculina: “Soño con pitar na 1ª División”

Recén de chegada de facer de 4⁰ árbitro en todo un San Mamés no...

A humanización do parto na Área Sanitaria da Coruña-Cee, privilexio de poucas

Xa fai anos que o Servizo Galego de Saúde (SERGAS) anunciou a implantación do...

Noite de incendios intencionados na Coruña: queiman seis colectores de lixo e dous baños portátiles

Os Bombeiros da Coruña tiveron que intervernir durante a madrugada deste martes, día 24,...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here