InicioCAMBREOs Inadaptados poñen música ao ascenso e o 90 aniversario do Sporting...

Os Inadaptados poñen música ao ascenso e o 90 aniversario do Sporting Cambre

Publicada o

Por editor

Dúas lendas de Cambre unidas pola música. O grupo local Inadaptados marcou o ritmo ao recente ascenso do Sporting Cambre coa creación dun himno para o club, un clásico do fútbol no municipio.

Este é o último traballo presentado polos Inadaptados e foi realizado “con todo o cariño”, segundo recoñece o propio grupo. O Sporting Cambre celebra este ano o seu 90 aniversario, algo que “motivou e animou” á banda a crear tanto a letra como a música da canción. O Sporting fíxose eco do himno, destacando que o tema xurdiu da “vinculación dos Inadaptados co noso club”.

Guillermo Sabaris, Carlos Figueira, Luis Valencia (membro da xunta directiva do Sporting), Lucía Louro Pallares (profesora da Escola de Música Sementeira), Alba Rodríguez Quintela (alumna da Escola de Música Sementeira e xogadora do equipo feminino do Sporting Cambre) e Veiga González Romero (do equipo Sporting Biberón).

A estrea do himno coincidiu coa última vitoria acadada polo club: o Modesto A do Sporting Cambre ascendeu a 1º Galicia tras gañar o partido ante o Carnoedo C.F.

O 3 de xuño, coincidindo co Día da Xente Nova de Cambre, a banda interpretará en directo o novo himno do club deportivo.

ÚLTIMAS

O persoal da Compañía de Tranvías da Coruña ponse en folga

Os representantes dos traballadores da Compañía de Tranvías da Coruña, composto polas seccións sindicais...

“Foliada”, a nova APP para consultar e compartir cantigas galegas

Xa coñecemos as aplicacións ”Breogán” e ”Carmucha”. Ferramentas dixitais que espallan a nosa música...

A Coruña pídelle á Xunta xestionar a nova estación de autobuses: “En Vigo, transferiuse ao Concello”

A alcaldesa da Coruña, a socialista Inés Rey, manifestou a intención do concello herculino...

Mar de Fábula e persoas privadas de liberdade do CIS constatan o regular estado de saúde do Areal da Torre

A pasada semana, o areal da Torre acolleu a quinta acción ambiental deste ano...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here