InicioBARRIOSMáis de 2.000 sinaturas polo parque do Campo da Burra

Máis de 2.000 sinaturas polo parque do Campo da Burra

Publicada o

Por editor

A Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán “Agra” vén concentrándose diante do pazo de María Pita para reivindicar o Parque da Agra todos os xoves dende 13 de outubro de 2022, das 10:30 ás 12:30 h. Salvo os días de temporal.

A concentración deste xoves, 18 de maio, será a última destas concentracións antes das eleccións municipais, e aproveitarán a cita para presentar no rexistro municipal de María Pita un escrito asinado por máis de 2.000 persoas para solicitar ao Concello da Coruña a execución dun Parque da Agra no polígono M22, sen ningunha construción de vivendas.

Entre as moitas razóns que xustifican esta reivindicación a entidade expón que:

  • O barrio da Agra ten unha altísima densidade de poboación (case 70.000 habitantes por quilómetro cadrado fronte á media da Coruña de 6.700).
  • A construción do barrio non deixou apenas espazo público: rúas e beirarrúas estreitas, e nada de prazas, paseos ou zonas verdes. Hoxe, o único espazo público é a praza das Cunchiñas.
  • A alta densidade de habitantes, a escaseza de espazos públicos de calidade e zonas verdes, e a má configuración do espazo público deste barrio fai do Parque do Agra un espazo libre imprescindible.
  • A Coruña é un dos concellos seleccionados para a Axenda Urbana 2030 en todo o estado de cara a facer unhas cidades máis sostíbeis e humanas. A veciñanza coida que un pequeno parque no barrio da Agra do Orzán entra de cheo nese obxectivo.

 

ÚLTIMAS

A alcaldesa da Coruña insiste en pactar co BNG os orzamentos do 2027 e Avia Castro responde que non hai nada que dialogar

A alcaldesa da Coruña, a socialista Inés Rey, apelou ao diálogo co BNG para...

Trinidad Palacios (Sumar Coruña) aposta por recuperar “a ambición, a vangarda e o carácter progresista da Coruña”

Despois de presentar ao candidato de Podemos, esta fin de semana tocaba coñecer outra...

Tres voltas a María Pola polas Escolas Infantís

Máis de 300 persoas reuníronse este sábado en María Pita, para defender as Escolas...

Inés Rey apela ao Goberno central para evitar novos casos como o de Mari Carmen e critica a “inacción” da dereita

A alcaldesa da Coruña, a socialista Inés Rey, defendeu o “compromiso” do Goberno central...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here