InicioPOLÍTICARueda chama a unha "maioría absoluta" do PPdeG na Coruña para "construír...

Rueda chama a unha “maioría absoluta” do PPdeG na Coruña para “construír a cidade”

Publicada o

Por europapress

O presidente do PPdeG e titular do Executivo galego, Alfonso Rueda, reprochou ao Goberno os anuncios feitos durante a campaña electoral que “rebaixan a conta do diñeiro de todos“, dixo pondo como exemplo os vinculados á vivenda.

Nun encontro con empresarios xunto ao candidato popular á alcaldía, Miguel Lorenzo, criticou “os anuncios” en campaña electoral “desde Moncloa”. “Cando un pide concrecións e chas dan, non ten nada ver cos anuncios que están a facer”, criticou. “Hai cousas que levan moitísimo tempo esperando e que son necesidads e, de súpeto, anúncianse en campaña electoral”, apostilou.

Mentres, dixo que se equivocan os que aseguran que é só “cousa da Xunta” a creación de emprego e a política industrial e argumentou que tamén os concellos teñen un papel, en referencia ás eleccións municipais.

MAIORÍA ABSOLUTA NA CORUÑA

Xa no ámbito da cidade da Coruña, instou a ter un apoio “potente” para lograr unha maioría absoluta. E é que, na súa intervención, criticou os anos de goberno da Marea Atlántica e do PSOE con “asuntos bloqueados e bastantes conflitos”.

“Hai que romper esta dinámica”, dixo tamén Rueda para quen a “solución” pasa polo seu candidato de cara a que sexa un alcalde “que non se enfade coas críticas e que estea con todos os sectores”. “Un alcalde que colabore con todas as adminstracións e que non converta calquera pequeno problema nunha odisea”, manifestou en referencia ao actual goberno socialista e á ampliación do complexo hospitalario universitario da Coruña (Chuac).

PROPOSTAS

Pola súa banda, Miguel Lorenzo asegurou que o seu obxectivo é pór á Coruña “en funcionamento” e “desbloquear” proxectos para “construír cidade”. Tamén cualificou de “tomadura de pelo” algúns anuncios en campaña electoral, en alusión aos socialistas.

“De nada vale anunciar que se vai a investir en grandes infraestruturas e logo en obras de 29 millóns, só hai orzamentados 500.000 euros”, sinalou Lorenzo, quen citou, entre as súas propostas, a creación dunha concellaría de mocidade e apostar pola colaboración pública-privada e por unha relación de “irmáns” cos concellos da área metropolitana.na.

ÚLTIMAS

A Coruña garda un minuto de silencio por Maricarmen, convertida en símbolo da loita pola vivenda

Decenas de persoas asistiron na praza de María Pita ao minuto de silencio convocado...

Reaccións ante o pasamento de Xosé Manuel Beiras

Morreu Xosé Manuel Beiras (Santiago de Compostela 1936- Brión 2026)., un dos grandes políticos...

Vandalizan as sedes da Universidade privada de Abanca de Coruña e Compostela

As sedes da Universidad Intercontinental de la Empresa (UIE) na Coruña (na rondade Nelle)...

Denuncian a poxa de bens do Pazo de Meirás dos herdeiros de Franco

O pasado mes de xullo, a familia dos herdeiros de Franco apuraban para sacar...