InicioSOCIEDADEA concesionaria da planta de lixos da Coruña denuncia "sabotaxes", mentres o...

A concesionaria da planta de lixos da Coruña denuncia “sabotaxes”, mentres o comité asegura que o que houbo son “avarías”

Publicada o

Por europapress

A concesionaria da planta de tratamento de residuos de Nostián, na Coruña, — a empresa Albada–, denunciou a existencia de “sabotaxes” esta madrugada, mentres que o comité asegura que o que houbo son “avarías”.

Esta denuncia prodúcese nos días previos á folga convocada polo comité de empresa a partir do 21 de maio pola firma do acordo do convenio, segundo ratificaron a Europa Press desde a representación sindical.

“Durante a madrugada producíronse varias avarías por sabotaxe na instalación consistentes en picadas de rodas, avarías en equipos eléctricos, mecánicos e de traslado e movemento dos residuos polo interior da planta”, sinalaron desde a empresa. “Estas avarías foron a causa dunha parada da instalación que se recuperou ao longo da mañá por parte dos servizos técnicos da propia instalación”, engadiron.

Pola súa banda, o presidente do comité de empresa, Hadrián Canosa, confirmou a exitencia de “varias avarías”, algo que cualificou como unha “constante” na empresa “haxa ou non haxa folga”. As mesmas atribuíunas á situación das instalacións, con 23 anos de antigüidade, dixo. Ao fío diso, lembrou que se trata dunha concesión prórrogada “desde o 2020”.

Mentres, argumentou que a empresa está “a actuar de mala fe, querendo culparnos a nós”, sinalou sobre os traballadores e traballadores. Todo iso atribuíuno á negativa, explicou, da empresa de asinar o acordo sobre o convenio colectivo, tras si rubricar, previamente, o preacordo.

ÚLTIMAS

U-lo Mundial? “Tranquilidade”

Moito se fala estes días na cidade do Mundial 2030. E máis que se...

A ANPA do CEIP Prácticas a Paula Prado: “Isto só acaba de comezar”

Está inmerso o PP e concretamente a súa Secretaria Xeral Paula Prado, nunha campaña...

Jorquera anuncia que non será candidato do BNG nas Municipais de 2027

O portavoz do BNG no Concello, Francisco Jorquera, anunciou esta mañá que non vai...

Comezan as demandas obras de humanización da rúa Ángel Rebollo, en Monte Alto

Leva anos a veciñanza de Monte Alto denunciando o lamentable estado da rúa Ángel...