InicioA CORUÑAYolanda Díaz: "Comprométome a defender un modelo de cidade e de país"

Yolanda Díaz: “Comprométome a defender un modelo de cidade e de país”

Publicada o

Por editor

A lider de Sumar, apoia a candidatura de Podemos na Coruña, Por Coruña, a pesar das diferencias que mantén con Ione Belarra.

— —
A vicepresidenta segunda e ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, instou ao electorado progresista a mobilizarse nestas eleccións muncipales e “sumar” para evitar que unhas dereitas sen “proxecto de país” derroguen “as melloras” impulsadas polo goberno de coalición.

Así o expuxo, en declaracións aos medios, tras protagonizar xunto ao candidato de ‘Por Coruña’ — formación integrada por Unidas Podemos, Esquerda Unida e independentes– á alcaldía da Coruña, José Manuel Sande, un paseo polo centro desta cidade.

Xunto a eles, estiveron membros da candidatura, entre eles o pai de Yolanda Díaz, o exsindicalista de Comisións Obreiras, Suso Díaz, que pecha a citada candidatura, e co que protagonizou un emotivo abrazo.

Tras un paseo no que a vicepresidenta se parou en varias ocasións para saudar, compareceu ante os medios na praza de María Pita nun acto con presenza dun centenar de persoas.

Nas súas declaracións, a tamén líder do proxecto ‘Sumar’ fixo un chamamento á participación nestas eleccións de traballadoras e traballadores, pensionistas e outros colectivos para evitar que a dereita “derrogue” reformas impulsadas desde o Goberno, entre as que citou a laboral, a das pensións, ademais de medidas como a lei de vivenda.

MODELO DE CIDADE

“Quero comprometerme para defender un modelo de cidade e de país”, dixo tamén ao referirse a o seu apoio a candidaturas como a de Sande na Coruña. “Nestas eleccións, defínese un modelo de sanidade e de educación, a lei de dependencia, xogámonos a política útil”, remarcou.

E fronte a medidas “que cambiaron a vida da xente” e que considerou “en risco”, contrapuxo a unhas dereitas “sen proxecto de país”. “Que só queren derrogar as melloras que desde o goberno de coalición progresista defendemos”.

DEMANDAS Á BANCA

Yolanda Díaz volveu, ademais, a facer especial incidencia na situación das persoas con rendas salariais baixas e aquelas que viven nunha vivenda de aluguer ou teñen unha hipoteca. En referencia á súa situación, volveu a pedir ás entidades financeiras a suspensión da revalorización das contas hipotecarias e que se reduzan un punto os tipos de interese.

“Disto vai a vida da xente”, sentenciou para incidir en que nestas eleccións xóganse “modelos municipais moi diferentes”. Ao fío diso, reivindicou o de ‘Por Coruña’, con propostas en materia ambiental “sustentables” e con presenza de “mulleres comprometidas”.

CANDIDATURA DE MAREA ATLÁNTICA E POR CORUÑA

Cuestionada sobre o feito de que na Coruña a Marea Atlántica concorra cunha candidatura e a integrada por Unidas Podemos noutra — a diferenza do que ocorreu fai catro anos–, asegurou que “o importante é que some a cidadanía”.

Pola súa banda, o candidato de ‘Por Coruña’ á alcaldía, José Manuel Sande, cualificou á ministra como unha “amiga” e un “referente”. Tamén reclamou o voto para acometer “políticas transformadoras” e que a cidade sexa “relevante”.

ÚLTIMAS

O mítico Concurso de Tortilla do Castrillón terá 44 aspirantes

A Sagrada Familia e o Castrillón collen o relevo das Festas dos barriuos esta...

O Concello de Oleiros non pagará á empresa da recollida do lixo polos incumprimentos

Xa avisaba o Concello de Oleiros das infraccións da empresa concesionaria da recollida do...

As boas cifras do Viñetas desde o Atlántico

Rematou o Salón do Cómic Viñetas desde o Atlántico, que este ano tratou de...

Continúan ingresados no CHUAC con prognóstico grave o tres brigadistas e o bombeiro feridos este luns

O tres brigadistas e o bombeiro feridos este luns durante os operativos de extinción...