InicioA CORUÑAOs educadores do Programa Lecer consideran unha "falta de respecto" a falta...

Os educadores do Programa Lecer consideran unha “falta de respecto” a falta da empresa e do Concello na primeira conciliación

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Novo fito do conflito do Programa de Lecer. Mentres pasan as semanas e os cursos culturais do Fórum e do Ágora seguen sen arrincar, o persoal docente tiña unha cita no Servicio de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC) no proceso de conciliación pola débeda contraída pola empresa Serviplús.

Tratábase do primeiro dos casos que terán que pasar pola conciliación, o dun dos 10 traballadores (o 15% dos afectados) que aínda teñen débedas pendentes. Un asunto que xa en si mesmo supón unha promesa incumplida por parte de Gonzalo Castro, que asegurou o 23 de febreiro que “en 15 días estarían resoltas” todas as débedas.

Con todo, non compareceu á cita a empresa adxudicataria, Serviplustotal, provocando que o proceso se convirta xa nun expediente de despedimento por vía xudicial, dilatando un conflito que afecta a ducias de familias e a miles de usuarios.
Tampouco se presentou o Concello da Coruña como responsable subsidiario, e é certo que o Concello non estaba citado pero os docentes aseguran que na reunión do pasado 23, o Concelleiro de Cultura, Gonzalo Castro, o asesor Uxío Novoneyra e a directora do IMCE Laura Seoane que, si que se comprometeran a presentar documento de subrogación que cren que podería permitir que o procedemento no se xudicializara.

Máis alá diso, o colectivo de educadores considera a falta á cita “unha falta de respecto” e “unha falta de interese en dar unha solución aos traballadores que permanecen nun limbo legal e sen cobrar dende decembro”.

O colectivo poñen o foco en Castro e Seoane. “O Concello prorrogou o contrato a Serviplus en setembro de 2025 sabendo dos problemas da empresa, esta é a orixe da problemática que hoxe nos trae aquí”, denuncian. Critican tamén as falsas promesas sobre os prazos de reactivación do programa: “Prometeuse que o servizo arrancaría o 2 de febreiro “si ou si”. Hoxe, 12 de marzo, xa non hai resposta do IMCE”.

E tamén denuncian a “opacidade” municipal. “Mentres os usuarios piden reunións sen éxito e os traballadores son ignorados pola alcaldesa e acumulan impagos e meses sen traballo, o Concello fala dunha “cesión de contrato” que nunca chega”.

Seguen preguntándose “Como pretende o IMCE cumprir o prego técnico e sacar adiante o Programa de Lecer?”, se ben dende o Concello aseguran que “continúan co plan xa descrito”.

“Non só nos quitaron o noso salario, están matando un programa que é patrimonio cultural da cidade. A nosa antigüidade de máis de 25 anos non se borra por moito que o Concello non se presente aos actos de conciliación”, declaran os voceiros do colectivo

Máis novas do Conflito

Os docentes do programa de Lecer fártanse das “mentiras” municipais

ÚLTIMAS

Centos de traballadoras do comercio de alimentación da Coruña mobilízanse para reclamar un novo convenio

Centos de traballadoras do comercio de alimentación da Coruña manifestáronse este domingo para reclamar...

Detido na Coruña un home acusado de malos tratos tras un altercado cos seus fillos

Un home foi detido na madrugada deste domingo na Coruña por un delito de...

Silvio Rodríguez fai cantar ao Coliseum da Coruña nun reencontro co público galego

O Coliseum da Coruña encheuse por completo na noite deste sábado para recibir de...

Unha explosión nun quentador deixa ferida a unha muller

Unha muller resultou ferida de carácter leve tras rexistrarse unha explosión no quentador da...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here