InicioSOCIEDADEMedio millar de nen@s emprendendor@s presentaron os seus proxectos en María Pita

Medio millar de nen@s emprendendor@s presentaron os seus proxectos en María Pita

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Este venres a Praza de María Pita convertiuse nun viveiro de empresiñas. Máis de catrocentos cincuenta nenos e nenas que participaron nunha nova edición do Mercado da Semente, levando os seus produtos creados ao longo do curso dentro do Proxecto Semente: “Unha empresa na miña escola”.

Un proxecto municipal que trata de fomentar os valores do emprendemento, a cooperación e o coñecemento do comercio xusto e da economía social entre os nenos e nenas que cursan entre 3º e 6º de Educación Primaria e o alumnado de Educación Especial dos centros educativos da cidade.

Durante o curso aprenderon a crear e xestionar empresas, baixo a forma de cooperativa; conseguiron a licenza facendo unha visita ao Salón de Plenos e onte era o gran día da posta en escena da venda dos primeiros produtos.

O centro máis implicado foi o Jesuitinas e ás mellores cooperativas a GOA & Jones (Grande Obra de Atocha) e EcoCoruña (San Pedro de Visma).

Os centros educativos participantes este curso foron: CEIP Concepción Arenal, CPR Grande Obra de Atocha, CPR Hijas de Jesús, CEIP Manuel Murguía, CPR Montegrande, CPR Sagrado Corazón, CEIP San Francisco Javier, CEIP San Pedro de Visma e o CEIP Zalaeta. No mercado venderon os artigos que realizaron as cooperativas escolares: Animal Gamers, Arte Natural, Artilandia, Ciencia y Terror, Confishop, Creativilandia, Deportixogos, EcoCoruña, Franciscorp, GOA & Jones, La Coru Neno, Mentes Curiosas, Mil e un tarros, Mundo infinito, Murguiarxila, Primaria 51, SanMarisco, Sementa Deportes, Supermontegrande e Xogos divertidos.

ÚLTIMAS

Continúan ingresados no CHUAC con prognóstico grave o tres brigadistas e o bombeiro feridos este luns

O tres brigadistas e o bombeiro feridos este luns durante os operativos de extinción...

Eirís, Sagrada Familia e O Castrillón toman o relevo festeiro dos barrios

Mentres seguen vivas as Festas de María Pita, esta semana toman o relevo das...

O Lembranza Rock dá unha lección de compromiso

Fermosa, emotiva e comprometida noite de sábado a vivida no Parque Europa. A Asociación...

O Monte Costa, en Culleredo, sofre un incendio forestal

Non libra a comarca da vaga de lumes que sofre Galicia. Un incendio forestal...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here