InicioA CORUÑAAs razóns da Plataforma polo Dereito á Vivenda para concentrarse na Agra...

As razóns da Plataforma polo Dereito á Vivenda para concentrarse na Agra do Orzán

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Este sábado 14 de marzo, ás 12:00h nas Conchiñas, a Plataforma polo Dereito á Vivenda convoca unha concentración na praza das Conchiñas.

Un lugar escollido por varios motivos, tendo en conta que falamos dun dos barrrios máis densamente poboados da cidade, onde o problema da vivenda xa afecta mesmo ás persoas con traballo, e onde 30.000 habitantes compiten por menos de 20 pisos ofertados, todos por riba dos 650 €.

Así o explicaban esta mañá en rolda de prensa dous membros da entidade. “O que pasa na Agra do Orzán non é un caso illado, é un exemplo de todos os barrios da cidade”.

E puxeron datos: O aluguer subiu un 80% en 10 anos, de modo que un piso que hai 10 anos custaba 400€, hoxe custa 750, para un barrio o soldo medio rolda os 1200€”. Un barrio no que o metro cadrado supera os 2.400€ incluso en edificios con máis de 40 anos de antigüidade.

Tamén falaron da compra: “A situación tamén empeorou, o prezo subiu máis do 65% na última década”, provocando que “as familias teñan que marchar dos seus barrios”.

A Zona Tensionada non funciona

Sobre a declaración de Zona Tensionada, reflexionaron que “calquera medida pode estar ben, pero vemos que non funciona, os prezos non baixan. E non funciona porque non incide co principal problema que é acabar coa especulación, acabar con que a vivenda sexa un activo financieiro para caseiros rentistas multipropietarios ou fondos de investimento. É só un parche”.

E puxeron un dato claro: “A día de hoxe nas plataformas hai 1.372 Vivendas de Uso Turístico dispoñibles (a maioría non cumplen as normativas ademais); pero só hai 430 para aluguer “normal”, se ben algunhas son para estancias por temporada, e só un 8% están por debaixo dos 700€”.

Vivenda Pública

Parece que as administracións acordaron este ano de falar vivenda pública, despois de décadas nas que a promoción de vivende protexida foi esquecida. “España é un dos países con parque público de vivenda máis baixo de toda Europa mentres a SAREB segue a acumular vivendas”, reflexionaron.

Plataforma polo Dereito a Vivenda

Apoio da CGT

A Confederación Xeral do Traballo (CGT) da Coruña fai un chamamento urxente á cidadanía para sumarse á concentración organizada pola Plataforma. “O sindicato apoia e participa nesta mobilización, que busca garantir unha vivenda digna e frear a presión especulativa que empobrece traballadoras, traballadores e pensionistas”.

Lembran que “a emerxencia habitacional afecta a moitas persoas que, a pesar de contar con ingresos mensuais, viven con medo de non poder pagar o alugueiro ou vense obrigadas a compartir vivenda pola falta de alternativas accesibles”.

O sindicato insiste: “o acceso a unha vivenda digna non pode seguir subordinado aos intereses dos especuladores nin a gobernos cómplices, como o da Xunta de Galicia e o do Estado español. Garantilo é unha cuestión de xustiza social e dignidade”.

Máis novas

A Plataforma polo Dereito á Vivenda comeza unha campaña no barrio con maior densidade de poboación de Galicia

ÚLTIMAS

Os médicos galegos volven á folga para alcanzar un convenio propio

Despois do acordo chegado hai varias semanas na Atención Primaria tras varios meses de...

Denuncian o caos vivido onte nos Institutos polas probas diagnósticas de Secundaria

Realizábanse onte nos institutos de secundaria do país as probas diagnósticas para medir nivel...

Arrancan os actos do 125 aniversario dos sucesos de maio de 1901 na Coruña cunha homenaxe ás misteiras

O Ateneo Aurora e o colectivo Refuxios da Memoria, convocan para este vindeiro domingo,...

Satisfacción na Academia Galega do Audiovisual trala boa acollida da Semana do Cinema Galego

Satisfacción esta semana na Academia Galega do Audiovisual tralo peche, o pasado venres da...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here