InicioA CORUÑAO BNG "apoiará" a decisión da asemblea local da Coruña sobre a...

O BNG “apoiará” a decisión da asemblea local da Coruña sobre a decisión de entrar no Goberno municipal

Publicada o

Por europapress

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, reiterou o seu “respecto” polos tempos das outras forzas políticas sobre as decisións de entrar nos gobernos e, singularmente, no caso de Santiago de Compostela. En canto ás negociacións da Coruña, a líder nacionalista manifestou que “apoiará” o que decida a asemblea local.

“Nós respectamos as decisións, tempos e prazos que se marquen outras forzas políticas”, sinalou sobre o caso de Santiago de Compostela, en que a entrada dos socialistas no goberno local segue no aire e lonxe de inclinarse cara ao si antes da investidura, especialmente, despois de que a propia dirección autonómica do PSdeG expresase a súa oposición a formar parte do goberno.

En todo caso, Pontón subliñou que a cidadanía compostelá dixo nas urnas que había que abrir “un tempo novo” e deulle ao BNG “a responsabilidade de encabezalo”. “Imos facer historia coa primeira alcaldesa da historia de Santiago de Compostela, sobre todo, para todas as persoas que cremos na igualdade”, salientou Pontón.

Con respecto á cidade da Coruña, na que o PSOE é a lista máis votada da esquerda, Pontón lembrou que o Bloque ten “unha liña vermella: non vai facilitar gobernos do PP”. A partir de aí, será unha decisión da asemblea local e do grupo a posibilidade de entrar ou non no goberno local, posto que son eles os que están “a pilotar” o proceso. A decisión que se adopte terá todo o seu “apoio”, porque está “convencida” de que “farán o mellor para A Coruña”.

ÚLTIMAS

Aquelarre de Trump e Netanyahu no San Xoán de Oleiros polo xenocidio en Gaza

O Concello de Oleiros anunciou que prepara unha falla para a noite de San...

A Coruña celebra a diversidade con Orgullo

Foi presentada esta mañá de venres a campaña municipal do Orgullo 2026, que se...

O luns comezan novos cortes polas obras en Alfonso Molina

Avanzan as obras estatais de renovación da Avenida Alfonso Molina na cidade da Coruña,...

Binter suma unha conexión semanal entre A Coruña e Canarias

A compañía aérea Binter puxo en marcha o reforzo da súa programación entre A...