InicioECONOMÍAAs traballadoras de ABAI levan ás rúas as súas protestas polo ERTE

As traballadoras de ABAI levan ás rúas as súas protestas polo ERTE

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Se esta mañá chamas ao servizo de atención ao cliente de Movistar e tes que esperar máis do habitual, ten en conta que moit@s d@s traballador@s do servizo están en folga. Falamos da folga anunciada polo Comité de empresa (formado por CGT, CCOO, CIG e UGT) despois de que a Abai Business Solutions, S.A.U. (antiga EXTEL) anuciase a semana pasada un ERTE que afecta a 70 traballador@s no centro de traballo da Coruña.

Falamos dun plantel de 525 traballador@s que, a meirande parte, secundaron a primeira folga (convocaron un segundo paro para o día 19 e realizarán unha concentración máis visible no centro) e participaron na concentración celebrada esta mañá diante do centro de traballo, situado no situado no edificio Proa, e que despois percorreu as rúas do barrio de Matogrande.

Protestas ERTE ABAI CORUNA por Matogrande

Abai, igual que están facendo empresas de telemarketing como Atento, Teleperformance… teñen moitos postos de traballo na cidade, pero a globalización estalles permitindo irse desfacendo dos traballador@s do noso país para ampliar planteis en países onde a man de obra é máis barata. “Falamos de grandes empresas que conseguen beneficios millonarios a costa dos traballadores mal pagados e precarios”, denuncia Loli Bermejo do Comité. “Queren facer unha limpeza” a persar de que “si hai traballo”, como se detecta nas queixas dos clientes de Movistar sobre os eternos tempos de espera no servizo de atención ao cliente.

”Non podemos deixar que leven o traballo para outro sitio, ou vén que prescindan de nós alegando que non hai traballo. O único que queren é ter maiores beneficios”, denuncia ante este ERTE de suspensión de contrato por un mínimo de 12 meses, que provocará que “70 persoas vaian esgotando o seu paro, sostidos polo estado, á espera dun traballo que non saben se volverá, sen expectativas claras de que ao remate sexan recolocadas”, explica Bermejo.

Os sindicatos tamén solicitan que se aclare que pasou co contrato de 13,8 millóns de euros, que segundo fontes de ABAI, lle adxudicou a Xunta para o servizo de rastrexo da COVID-19, cunha duración de 12 meses. O Comité de Empresa da Coruña aclara que este servizo apenas estivo en funcionamento 6 meses. Aínda que lle foi solicitado, a Dirección de ABAI nunca facilitou unha copia do contrato coa administración pública nin ningún documento que acredite que o Goberno Galego resolveu o mesmo antes de tempo.

ÚLTIMAS

O arquitecto paisaxista coruñés Aritz Sáez Aróstegui gaña un premio internacional

Semana axitada e viva para Aritz Sáez Aróstegui en Barcelona. O arquitecto e paisaxista...

Así fan barrio os comercios nos Mallos e Monte Alto polo Samaín

Arrincaron as celebracións do Samaín/Haloween/Samaween nos nosos barrios. Xa son moitos os anos nos...

Os vínculos familiares, protagonistas do Cormorán Film Fest

Xa está en marcha a sétima edición do Cormorán Film Fest, que se celebrará...

Un Cupón da ONCE pola primeira xornalística en galego: “Lamas, unha persoa cega, foi pioneiro do xornalismo”

O 1 de novembro, día en que naceu Valentín Lamas Carvajal, a ONCE dedicará...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here