InicioMOV. SOCIAISO expresidente uruguaio Pepe Mújica abrirá os debates de AcampaCoruña2023

O expresidente uruguaio Pepe Mújica abrirá os debates de AcampaCoruña2023

Publicada o

Por editor

Os Xardíns de Méndez Núñez xa están convertidos nun campamento de refuxiados no marco do VII Encontro Internacional Acampa pola Paz. O completo programa formulado para esta intensa fin de semana trata de reflexionar sobre o odio, con 3 días de convivencia, empatía, reflexión… coa intención de ser un taboleiro no que a cidadanía poida recibir testemuños directos e decodificar a complexa realidade máis aló do ruído. Para que os asistentes poidan conformar unha conciencia crítica e apontoar a defensa dos Dereitos Humanos e o Dereito a Refuxio como algo irrenunciable.

O programa do venres contará con relatores de excepción. O expresidente uruguaio, Pepe Mujica, participará no primeiro debate, que terá lugar ás 19.30 horas, entrando en streaming desde Uruguai, para falarnos do Odio como estratexia política. Compartirán mesa con el a responsable de Política Interior e investigadora de Amnistía Internacional, Virginia Álvarez –que falará de Odio e retroceso dos Dereitos Humanos, e o xornalista e alma mater do programa radiofónico Carne Cruda, Javier Gallego Crudo, que ademais de actuar como moderador analizará algo que coñece ben, o Odio nos medios e nas redes sociais. Este encontro poderá seguirse, ademais, en directo, a través da canle de Acampa pola Paz en YouTube.

Pero “Odio e Convivencia” abre varias horas antes. Así,  será inaugurado ás 10.30 con Radio Acampa en directo, un programa extenso conducido por Isabel Risco e Ricardo Sandoval, con entrevistas, testemuños de persoas refuxiadas, participación de distintos colectivos que integran Rede Acampa e a actuación musical de “Las Antonias”.

Ás 12, noutro dos polos de atracción dos Encontros Internacionais, o campo simulado, realizarase a primeira visita guiada. Nesta ocasión reprodúcese un campo de refuxiados, un calquera, un deses moitos que son sistemáticamente arrasados polo odio e o lume. Será Marga González, de Amnistía Internacional, a activista que un ano máis se encargue destas visitas guiadas que se repetirán durante os días do encontro en distintos horarios.

Ás 12.30 o fotoperiodista Óscar Corral guiará unha visita por “Terra á vista?”, a exposición na que convida os asistentes a subirse de novo ao “Aquarius” na súa agónica viaxe, o daquel buque que en 2018, cargado de seres humanos exhaustos, vagou polo Mediterráneo mentres a Europa fortaleza negáballes un porto ao que arribar.

Actividades das distintas organizacións que integran a Rede

Moitas das organizacións que integran Rede Acampa dispoñen de carpas propias no Encontro, no que ademais programan diversas actividades de concienciación e difusión do seu labor. Así por exemplo, a oenegué Solidariedade Internacional Galicia, ás 12.30, poñerá en marcha o xogo “Non pases palabra” , no Palco da Música, e, durante toda a xornada, convidará a café e cacao de comercio xusto na súa caseta. Calquera que se achegue poderá, ademais, coñecer o mundo segundo a proxección do mapa de Peters. Á unha da tarde, e na carpa central, Amnistía Internacional entregará os premios aos Microrrelatos da Rede Escolas da organización.

Pola tarde, a partir das 16.45 horas e na sala de conferencias do Kiosco Alfonso, María Pérez e Rubén Sánchez, de Mundo sen Guerras, falarán sobre “A guerra e o discurso de odio”.

O VII Encontro Internacional Acampa pola Paz foi posible grazas ao apoio do Concello da Coruña, a Deputación Provincial, a Universidade da Coruña, Emalcsa e Marea Atlántica (a través de Xanela de Proxectos) e a unha serie de colaboradores privados (Tórculo edicións, La Opinión da Coruña, Radio Coruña-Cadena Ser, Zenit Hoteis e Terras Gauda). Pola súa banda, o CIFP de Someso, o desgüace Bellagona, RETO e a ONG AIRE colaboraron na recreación do campo simulado de refuxiados.

ÚLTIMAS

O vindeiro sábado 4 de maio, día de portas abertas nos Museos

Coincidindo co Día da Ciencia a Rúa en santa Margarida, poderemos dusfrutar da Xornada...

A Coruña acolle as mobilizacións centrais polo 1 de maio co foco na demanda de mellores salarios

A Coruña acolle os actos centrais dos sindicatos este 1 de maio, Día Internacional...

Nova protesta das mariscadoras da ría do Burgo para pedir solucións mentres non poidan faenar

Mariscadores e mariscadoras da ría do Burgo secundaron este venres unha nova concentración, ante...

Ferida unha muller ao ser atropelada por un autobús urbano na Coruña

Unha muller tivo que ser evacuada polos servizos de emerxencia ao hospital despois de...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here