InicioCULTURAPreparando as herbas do San Xoán

Preparando as herbas do San Xoán

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Non tanta tradición como nas vilas hai na Coruña arredor da maxia das herbas de San Xoán. Pero é unha desas cousas que cómpre rescatar, que ofrece identidade, que nos conecta cos nosos maiores.

Cómpre ter todo listo na noite do 23. Esa mesma tarde deberíamos saír ao campo, ou pasar polas floristerías do noso barrio, para preparar as herbas e formar dous ramos: un para colgar dunha porta ou dunha ventá, sempre de algo que dea ao exterior, para manter alonxadas ás meigas, que “habelas hainas”; e outro para preparar un caldeiro de auga sanadora coa que nos lavaremos a cara na mañá do 24, ben cedo, antes de que o sol do mencer lle quite o poder purificador.

Duas versions das Herbas de San Xoan-Mario Maceiras e Orgullo Galego

Hai moitas variantes nos ramos, pero desta volta o colectivo Orgullo Galego e o carnotán Mario Maceiras, tras falar con moitas vellas do lugar, coinciden na súa proposta para rescatar unha combinación de 7 herbas (cada unha ten un porqué): Malva (cúrao todo), herba luisa (para dores de estómago), fiuncho (contra o mal de ollo), romeu (a herba purificadora por excelentcia), fieito (antiparásito natural), xesta (contra as malas envexas) e a coñecida como herba de San Xoán (que “limpa a cara de grans”).
Pode completarse con vieiteiro, lavanda, cardo santo, ortensia, e algunha flor como os xeranios.

ÚLTIMAS

“Feijóo só construíu 40 vivendas públicas na cidade sendo presidente da Xunta”

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, volveu reclamar que os fondos estatais asignados para...

“Foi o PP quen lle deu categoría a un partido fascista”, di Inés Rey de Vox

A alcaldesa da Coruña, a socialista Inés Rei, culpou ao PP e ao seu...

José Manuel Lage lamenta non poder ter competencias na área metropolitana da Coruña

O concelleiro delegado de Obras, Planificación Urbana e Proxectos Estratéxicos do Concello de Bilbao,...

Independencia ou desapego? A présa por ver medrar os nosos fillos

Unha reflexión sobre o apego, a saúde mental e a presión social por formar...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here