InicioCULTURAO Parlamento Galego aproba unha moción para emitir programación infantil e xuvenil...

O Parlamento Galego aproba unha moción para emitir programación infantil e xuvenil en galego nas canles internacionais da CRTVG

Publicada o

Por editor

O Parlamento Galego vén de aprobar unha petición realizada dende o BNG de Suiza e presentada polo deputado Daniel Castro. Era unha proposta máis ambiciosa, pero o PP reformulouna para poder aprobar 2 dos 5 puntos presentados, que supoñen “vellas reivincacións dos emigrantes retornados”, como sinala dende a diáspora Xosé Abelenda.

O Parlamento instará á CRTVG a emitir a través das súas canles dixitais con cobertura internacional programación infantil e xuvenil e galego. Unha necesidade fundamental para moitas familias, para poder ter contido en galego para as súas crianzas.

Ademais, o segundo punto aprobado foi o de permitir o acceso gratuito á sanidade pública galega a aqueles galegos e galegas retornadas que non tivesen cotizando nin en Galicia nin en España. Débese a que este colectivo tiña que pagar unha contía de 87 euros ao mes para ter esa cobertura cando está no país. Daniel Castro considera unha “vergoña” que teñan que pagar unha cota mensual a pesar de verse obrigados a emigrar, polo que se converten en “cidadáns de segunda”.

ÚLTIMAS

As razóns da Plataforma polo Dereito á Vivenda para concentrarse na Agra do Orzán

Este sábado 14 de marzo, ás 12:00h nas Conchiñas, a Plataforma polo Dereito á...

Pontón tras a renuncia de Jorquera a repetir na Coruña: “O BNG ten un gran banco”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, asegurou este xoves que a formación conta...

U-lo Mundial? “Tranquilidade”

Moito se fala estes días na cidade do Mundial 2030. E máis que se...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here