InicioCULTURALibros e Arte volven tomar os Xardíns

Libros e Arte volven tomar os Xardíns

Publicada o

Por editor

Os Xardíns de Méndez Núñez volverán ser epicentro cultural da cidade durante este mes de agosto. A cita anual coa Artesanía de Galicia marida á perfección coa Feira do Libro de Galicia.

MOSTRART

A feira de artesanía MOSTRART, que se celebra na Corũna dende 1985, abriŕa a śua edicíon ńumero 39 o sábado 29 de xullo, e podeŕa visitarse ata o d́ia 27 de agosto nos Xard́ins de Ḿendez Ńũnez na zona de Avenida da Marina – Cantón Grande, en horario de 11 a 14 e de 17:30 a 22 h.
A inauguración da feira terá lugar ás 12 h do sábado 29 de xullo.

Este ano Mostrart acolle a 66 artesáns profesionais en 43 casetas. Son 52 artesáns galegos e outros 16 talleres doutras comunidades autónomas e mesmo un participante de Francia.

O cartel desta edición foi creado polo recoñecido ilustrador Javier Fernández Carrera, Pintu, e representa ó deus grego Hefestos, que nunha das súas atribucións representa á Artesanía, e máis concretamente aos oficios relacionados co lume, a forxa e os metais.

Tendes todo o programa e o listado de expositores na feira en www.galegadeartesans.org/mostrart/

52ª Feira do Libro

O vindeiro 1 de agosto inaugúrase, ás 12.30 horas, a Feira do Libro da Coruña, co pregón da poeta Dores Tembras, cun programa que propón 10 días (ata o 10 de agosto) de actividades culturais na cidade.

Unha feira que chega no medio das discrepancias entre a organizadora Federación de Librarías de Galicia e o Concello da Coruña pola falta da rúbrica dun convenio formal.

Este ano participan máis dun centenar de autores, 7 editoriais, máis dunha veintena de librarías, 32 casetas e 2 carpas para actividades:

Esperan entre 120.000 e 150.000 persoas visitantes que poderán disfrutar dunha oferta cultural sen precedentes e da posiblidade de charlar cos seus autores favoritos -acompañada dun 10% de desconto- nas 32 casetas participantes. A esta programación únense os eventos programados cada tarde nas dúas carpas, que darán cabida a charlas, mesas redondas, actividades culturais e de ocio, e presentacións de libros.

ÚLTIMAS

Esixen a dimisión do Delegado do Goberno polas desproporcionadas cargas policiais á mocidade antifascista que prantou cara a VOX

Mentres o secretario xeral do Partido Popular, Miguel Tellado, condenou este mércores os disturbios...

(VÍDEO) A Coruña tamén para a VOX

Milleiros de persoas (preto 5.000 aseguran fontes policiais) concentráronse este mércores na Praza de...

“Feijóo só construíu 40 vivendas públicas na cidade sendo presidente da Xunta”

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, volveu reclamar que os fondos estatais asignados para...

“Foi o PP quen lle deu categoría a un partido fascista”, di Inés Rey de Vox

A alcaldesa da Coruña, a socialista Inés Rei, culpou ao PP e ao seu...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here