InicioECONOMÍAPaso adiante para o tren ao porto exterior

Paso adiante para o tren ao porto exterior

Publicada o

Por europapress

A Autoridade Portuaria da Coruña completou durante o día de hoxe o proceso das expropiacións necesarias para construír o acceso ferroviario ao porto exterior, co levantamento das actas correspondentes a 11 parcelas nas que se ampliou a superficie ocupada.

As obras motivaron a expropiación de 119 parcelas nos municipios da Coruña e Arteixo, que están a disposición das empresas construtoras desde antes do inicio dos traballos, ao declararse a necesidade de ocupación as mesmas.

As actas correspondentes levantáronse en setembro de 2022 no Concello de Arteixo, para as leiras situadas neste municipio, e no centro Ágora, no caso das situadas na Coruña.

O concelleiro de Economía e portavoz do goberno local coruñés, José Manuel Lage, asistiu e ao levantamento das actas previas á ocupación na ampliación de alteracións no expediente de expropiacións para culminar as obras da conexión ferroviaria a Punta Langosteira.  “O tren a Langosteira é hoxe unha realidade que moi pronto permitirá multiplicar a actividade no porto exterior”, sinalou

ÚLTIMAS

“O 5 de decembro non haberá servizo de autobús interurbano”

Dá comezo este venres 5 a folga do sector do transporte de viaxeiros e...

Reiteran os eternos problemas do transporte público metropolitano

Ir de pé en conexións interurbanas, quedar en terra, esperar e esperar retrasos ou...

“Desfeita”, “foliada”, “loia”, “lume”, “retrinco” ou “xenocidio”. Cal é a túa Palabra do Ano 2025?

Estas son as seis voces que optan a se converter na Palabra do Ano...