InicioA CORUÑADeputación e Concello da Coruña renovan a súa colaboración para financiar a...

Deputación e Concello da Coruña renovan a súa colaboración para financiar a Casa de Acollida

Publicada o

Por europapress

A Deputación da Coruña e o Concello herculino renovaron este xoves a súa colaboración para o financiamento da Casa de Acollida, destinada a vítimas de violencia de xénero, e tamén para a Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG).

A alcaldesa, Inés Rey, e o presidente do organismo provincial, Valentín González Formoso, asinaron a renovación dos dous convenios. Un é para o mantenimeinto da Casa de Acollida e otropara o impulso da actividade da Orquestra Sinfónica de Galicia.

No caso da Casa de Acollida, é para os gastos de mantemento do centro, así como de dous pisos de inclusión e transición á vida autónoma para mulleres que sofren violencia de xénero. A través deste acordo, a Deputación achega este ano 120.926 euros, o 25,39% dos gastos.

Rey e Formoso asinaron tamén a renovación do convenio de colaboración para o cofinanciamento do programa de actividades da Orquestra Sinfónica de Galicia, formación que, ademais dos concertos que ofrecerá na Coruña, actuará tamén en Santiago e Ferrol ao longo deste ano.

Ademais, o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e o responsable do Banco de Alimentos de Santiago, José Pita, asinaron hoxe o convenio que ratifica a achega provincial e que supón o 80% do orzamento total que a entidade destina para a compra de alimentos, que ascende a 37.500 euros. No acto participou tamén a deputada de Servizos Sociais María del Mar García Vidal.

Así mesmo, Formoso e a presidenta da Asociación Síndrome de Down Teima Ferrol, Patricia Serantes, asinaron un convenio de colaboración entre ambas as entidades para cofinanciar o Servizo de Formación Sociolaboral e Emprego que leva a cabo a asociación.

ÚLTIMAS

Arquivada a denuncia de dúas exconcelleiras no PSOE por presunto acoso laboral por parte da alcaldesa da Coruña

O PSOE arquivou a denuncia que dúas exconcejalas socialistas, Esther Fontán e Eva Martínez...

A Xunta sorteará en setembro 50 vivendas de alugueiro accesible en Xuxán

A Xunta sorteará o vindeiro 9 de setembro un total de 50 vivendas de...

Sindicatos denuncian que empresas do sector hostaleiro na Coruña ofrecen aumento de soldo se non se fai folga

Os sindicatos convocantes da folga no sector hostaleiro da Coruña --CC.OO., UXT e CIG--...

Alfaroleiros arrinca este mércores en Santa Cruz con cinco días de olería, cultura e tradición

Oleiros inaugura este mércores, 5 de agosto, a XXXII edición de Alfaroleiros, unha das...