InicioA CORUÑAO porto da Coruña na cabeza dos portos galegos con máis tráfico...

O porto da Coruña na cabeza dos portos galegos con máis tráfico de cruceiros

Publicada o

Por europapress

O tráfico de pasaxeiros de cruceiros creceu nos portos galegos, coa Coruña á cabeza, segundo datos achegados por Portos do Estado.

Ata xullo, a nivel estatal, os cruceristas creceron un 74,8% e sumaron 6,1 millóns de visitantes no primeiros sete meses, superando as cifras marca de 2019, cun incremento do 7,6% respecto dese período nese ano, cando se alcanzaron os 5,6 millóns de cruceristas.

No caso da Coruña, rexistráronse 151.351, un 63,5 por cento máis; no de Ferrol, 4.094, cun 5,6% máis; en Vigo, 89.258, un 35% máis e en Vilagarcía, 1.274, un 200 por cento máis.

En canto ás mercadorías, a nivel estatal, mantense a dinámica do anterior mes, tras alcanzar 320,1 millóns de toneladas no acumulado ata xullo, o que supón un decrecimiento do 4%, respecto ao mesmo período do ano anterior.

No que se refire ao porto da Coruña, tivo un aumento do 5%, con case oito millóns de toneladas, mentres que no de Vigo foi dun 2,5%, con case tres millóns de toneladas e no de Ferrol, con cinco millóns de toneladas, descendeu un 22 por cento. En Vilagarcía, con 900.000 toneladas, rexistrou unha diminución do 2,5 por cento.

ÚLTIMAS

O premiado proxecto lingüistico co CEIP Sagrada Familia, exemplo normalizador do Lx15

Mariña Lema é natural de Cabana, pero leva un par de anos dando clases...

O sector do mar manifestaránse por terra mar esta mañá no Parrote

Hoxe arrinca oficialmente, a folga da flota de baixura en todo o estado. A...

Liberada unha persoa tras unha colisión entre un camión e un coche en Bergondo

Os bombeiros liberaron a unha persoa tras unha colisión entre un camión e un...

Dous detidos, con ingreso en prisión para un deles, por roubar e agredir a un taxista na Coruña

Dúas persoas foron detidas na Coruña, decretándose ingreso en prisión para un deles por...