InicioBARRIOSCoñecendo o Cemiterio de Santo Amaro coa Asociación Cultural Alexandre Bóveda

Coñecendo o Cemiterio de Santo Amaro coa Asociación Cultural Alexandre Bóveda

Publicada o

Por editor

Este pasado sábado, 9 de setembro, a Asociación Cultural Alexandre Bóveda realizou un paseo guiado polo Cemiterio de Santo Amaro. Unha desas citas imprescindibles para coñecer mellor o noso patrimonio e a nosa historia, que forma parte do seu proxecto A Coruña Literaria, un espazo web que recolle a información da cidade ligada á literatura, nomes de rúas, centros de ensino, bibliotecas e roteiros.
Roteiro polo Cemiterio de San Amaro 3
Con José María Monterroso Devesa, grande sabio da historia da Coruña, realizaron o paseo por este cemiterio de Galegos/as ilustres parando en vinte tumbas que acollen a persoeiros aquí enterrados relacionados coa escrita e a literatura:
Jenaro Marinhas del Valle, Irmans Vilar Ponte, Luz Pozo Garza, Luísa Villalta, Eladio Rodríguez, Ánxel Casal, Wenceslao Fernández Flórez, Pérez Lugín, Francisca Herrera, Eduardo Pondal, Martelo Paumán, Xohán Casal, Curros Enriquez, Os Carré, Luís Seoane, Lugrís Freire, Irmáns De la Iglesia, Pérez Ballesteros e Manuel Murguía.

Monterroso Devesa, é poeta, articulista e ensaísta, autor entre outros libros de O cemiterio de Santo Amaro, (1992) editado pola Asociación de Amigos do Museo Arqueolóxico da Coruña.

A entidade ponnos en contexto: “Corría o ano 1812 cando se fai efectiva a lei que prohibía os enterramentos nas igrexas e na súa contorna. Nese mesmo ano, e segundo o proxecto de Domínguez Romay, constrúese na Coruña o cemiterio municipal de Santo Amaro. Situado entre o camiño que levaba ao Faro e o mar, este camposanto atlántico ten unha superficie de máis de 26 000 m² e desde o ano 2013 forma parte da Rede de Cemiterios Europea”.

ÚLTIMAS

A creadora de contido @afropoderossa denuncia un acto de racismo na Pelícano

A Coruña, cidade onde ninguén é forasteiro, en pleno século XXI. Onde aínda pasan...

Nova multitudinaria manifestación na Coruña trala xornada de folga xeral por Palestina

Valoración máis que positiva da xornada de folga xeral e das mobilizacións deste 15...

Semana completa de mobilizacións, con visita ao Parlamento, das familias dos coles de Oleiros e Carral para conseguir máis docentes

Segue en loita a ANPA Valle Inclán pola falta de profesorado no CEIP Ramón...

Recluída na enfermaría da cadea de Teixeiro a investigada pola morte dunha anciá na Coruña

Remedios Sánchez Sánchez, investigada por homicidio tras a localización sen vida do corpo dunha...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here