InicioCULTURACando o alumnado coruñés aprende a amar os barrios da cidade grazas...

Cando o alumnado coruñés aprende a amar os barrios da cidade grazas ao cinema

Publicada o

Por editor

Invasión da rapazada nos cinemas coruñeses. E todo, por unha causa fermosa. A causa que a cineasta Olga Osorio quixo reflectir na película Salta!, na que grandes e pequenos poden recoñecer as rúas, as prazas e parques e mesmo a xente do presente e do pasado.

O filme  Salta! foi rodado na Coruña e en Culleredo. O Orzán ou a Cidade Vella da cidade herculina quedan marabillosamente reflectidas, aínda que son, principalmente, os exteriores do Barrio das Flores o espazo no que se desenvolve a trama.

E por iso, este venres 15 de mañanciña saíron do CEIP Ramón de la Sagra ata 6 buses co alumnado de Primaria para ver xuntos esta emotiva película. Case 300 nenos e nenas dun dos barrios onde se gravou a maior parte deste filme, o emblemático barrio das Flores da cidade Herculina.

Moita da rapazada que alí estuda vive nese barrio. Precisamente, dende hai 3 anos, o centro público Ramón de la Sagra, está inmerso nun proxecto educativo de renaturalización do patio en chave urbana, que corre en paralelo á renovación do barrio no que viven moitas das familias da comunidade educativa, todo elo da man de Fermín Blanco co programa de arquitectura pedagógica “Mestra de obra”.

O alumnado estivo moi atento e emocionado durante a visualización do filme recoñecendo ubicacións, casas propias e de familiares que ían comentando entre eles e elas cheos de ilusión. Nos vindeiros días a propia Olga Osorio visitará o CEIP para poder intercambiar todo tipo impresións coa rapazada.

ÚLTIMAS

A Coruña presenta en Fitur a súa estratexia turística para 2026

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, presentará na Feira Internacional de Turismo (Fitur) 2026...

Sindicatos galegos do transporte piden mediación para “desbloquear” o conflito na provincia da Coruña

CIG, UXT e CCOO decidiron solicitar unha mediación no Acordo Interprofesional Galego sobre procedementos...

A pesca de baixura realizará o luns unha manifestacion marítima e por terra no Parrote

Arrinca hoxe (oficialmente o luns 19) a nova folga indefinida da parque de baixura...

Elementos franquistas continúan na Coruña, denuncia a Comisión pola Memoria que pide a súa retirada inmediata

A Comisión pola Recuperación dá Memoria Histórica da Coruña denunciou o incumprimento das Leis...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here