InicioA CORUÑAO alumnado de FP Dual do Ánxel Casal que ten contra as...

O alumnado de FP Dual do Ánxel Casal que ten contra as cordas á Consellería

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Está mobilizando a media Consellería de Educación un pequeno grupo de 10 alummnos do FP Dual de Audioloxía Protésica do CIFP Ánxel Casal, da Coruña. Levan unha semana protestando ante a posible falta de empresas nas que realizar as prácticas que completen a formación académica, precisamente un dos reclamos da Consellería á hora de potenciar estes cursos de FP Dual.

A Consellería chegou a asegurar esta semana que “en ningún caso están en perigo as prácticas destes alumnos e o ciclo dual desenvólvese con normalidade nas condicións establecidas”, asegurando que 13 dos 18 alumns xa teñen asignada empresa e o cinco que resta terana antes de que empezo o período de prácticas en abril”. A Consellería asegura no seu comunicado que “esta situación é sobrevinda debido a que algunha empresa inicialmente prevista deuse de baixa”, pero que traballa para solventalo.

As denuncias do alumnado

O grupo de alumnos non o ten tan claro, e a poucos días do teórico inicio das prácticas denuncian a “falsidade de datos públicos e opacidade” da Consellería. Aseguran que a día de hoxe só hai 2 alumns coa empresa confirmada onde facer prácticas, que esxiste unha vancante cunha entrevista realizada da que non hai resolución e outras dúas prazas das que o alumnado non ten noticia algunha. “8 de cada 10 seguimos no limbo”, lamentan.

Así mesmo denuncian a “vulneración do dereito á cotización (RD-lei 2/2023”), unha vez que o alumnado de FP Dual debe estar incluído no sistema da Seguridade Social dende o inicio das prácticas. “Ao non asignársenos empresa por falta de xestión administrativa, a Administración está privándonos do noso dereito a xerar vida laboral e cotización, un prexuízo irreparable para quen renunciamos a empregos estables pola exclusividade que esixe a Dual”.

Critican o “bloqueo do proceso de avaliación” pola anulación de varias entrevistas, e critican que as “solucións aportadas son insuficientes e ilegais”, como é a proposta de “permanecer no centro” incumprindo o contrato de formación asinado ao matricuarlse, que xera ademais unha desigualdade formativa inaceptable respecto aos alumnos que si teñen praza.

Lamentan a situación de “indefensión e falta de transparencia”, e o “silencio administrativo” só roto na prensa, calficando de grave o “prexuízo laboral” de moitos compañeiros que renunciaron a empregos estables pola exclusividade da Dual e agora non teñen nin traballo, nin prácticas, nin cotización á Seguridade Social.

Esixencias

Ante todo isto, esixen unha a comunicación inmediata (prazo 48h) da listaxe real de empresas con convenios firmados e os alumnos asignados, así como unha “explicación de por que se traslada á prensa unha “normalidade” que non concorda coas comunicacións internas (entrevistas anuladas e silencios)”. Queren unha ”garantía por escrito de que ningún alumno de 1º verá minguada a súa cotización nin a súa formación por causas alleas á súa vontade”, asegurando que xa presentaron demandas ante o Valedor do Pobo e a Comisión da Transparencia de Galicia. “Non aceptaremos máis promesas xenéricas nos medios mentres os nosos dereitos laborais e educativos son vulnerados”, conclúen.

ÚLTIMAS

Os médicos dos hospitais cesan a súa actividade voluntaria ante a negativa da Xunta a negociar o fin da folga

Convocaba a Xunta ao sindicato O'Mega a semana pasdada, pero botouse atrás e a...

O PP pregunta polos avances da Comisión do Mundial 2030, pactados para febreiro, ante a nova visita da FIFA

Xa pasou máis dun mes dende a constitución da Comisión Especial sobre o Mundial...

O TSXG confirma 9 anos de cárcere por violar a unha muller ebria na Coruña: “Calquera home coñece os efectos do alcol”

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a condena a 9 anos...

O Concello activa o Consello Local de Igualdade e abre unha nova etapa de participación

O Concello da Coruña realizou este luns a sesión constitutiva do Consello Local de...

5 COMENTARIOS

  1. En el CIFP de A Xunqueira de Pontevedra na FP dual de Deseño e Amoblamento pasa o mesmo. Somos 2 alumnos pero podemos ser máis noutros centros. Enviouse á prensa a noticia pero aínda non a publicaron. Os afectados, temos que unirnos. Para contactar os afectados, correo-e a: desfeitafpdual@gmail.com

    • Para que vexades o que lle importades a este goberno galego. Se vos levan mintindo ata agora non sei eu, pero ánimo, oxalá que o podades arranxar!

  2. Pues si quien organiza la FP es la Xunta, os lo tiene que solucionar la Xunta, tanto a los del CIFP de A Xunqueira de Pontevedra, como a los del CIFP Angel Casal de A Coruña y al resto donde haya más.

  3. A ver se o entendo, vos matriculades nunha FP dual para facer prácticas nunha empresa e a mediados do curso vos din que non tendes empresa para facer as prácticas?. En mans de que xente temos a educación dos nosos fillos!.
    Moi boas ideas rapaces, tanto os de Pontevedra de contactar entre vós e denunciar como os de A Coruña por denuncialo.

  4. Pero non dicían que o sector do moble era estratégico en Galicia?. E non son capaces de atopar empresa a 2 alumnos de Deseño e moble!. E tampouco lla atopan os de Audioloxía protésica, e saber cantos máis pode haber, ou non, da igual, como lles minten e como nos minten.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here