InicioSOCIEDADEUn programa para reducir a fenda dixital en persoas maiores porase en...

Un programa para reducir a fenda dixital en persoas maiores porase en marcha na cidade os días 2 e 3

Publicada o

Por editor

A Fundación San Rafael e Cruz Vermella presentaron unha nova edición do proxecto ‘Enredando’, unha iniciativa para reducir a “fenda dixital” nas persoas maiores. Trátase, segundo explicou a directora da Fundación, Dolores Estrada, dunha actuación que forma parte dos eixos nos que traballa a entidade, centrados en formación, investigación e acción social.

Da mesma, dixo que se trata de chegar “a moitas persoas”, no marco dun programa que terá lugar os días 2 e 3 de outubro cunha aula móbil que se instalará no Obelisco e as prazas de Lugo e de Pontevedra, na cidade herculina, pero coa intención de estendelo a outros lugares da provincia. O obxectivo, indicou, é atender as solicitudes vinculadas coas dúbidas dos maiores no manexo das novas tecnoloxías para o uso do móbil, petición de citas do Sergas ou cuestións vinculadas con entidades financeiras, entre outras.

ACTIVIDADES

O programa incluirá unha aula móbil con talleres, segundo explicaron, á súa vez, os representantes de Cruz Vermella. Así, Trinidad de Lorenzo, da unidade de innovación, afirmou que a pretensión é que “a xente perda o medo aos dispositivos dixitais e poidan coñecer asistentes virtuais ou pulseiras intelixentes” de face ao uso doutros dispositivos.

“Toda a xente que pase, estea inscrita ou non, poderán participar en cada taller, son entre 20 ou 30 persoas“, explicou sobre a capacidade duns talleres nos que hai desde procuras sinxelas en internet ata propostas expostas para que a xente coñeza “o que quere saber” en relación co uso das tecnoloxías.

No acto, Dolores Estrada destacou a colaboración con Cruz Vermella e remarcou que supón “o principio dunha serie de actividades nas cales o centro de todas elas é pór o foco na saúde física e emocional das persoas de idade“. Pola súa banda, Marcos Gómez, secretario provincial de Cruz Vermella na Coruña, sinalou que esta iniciativa levarase a “espazos emblemáticos e concorridos da cidade” con motivo, ademais, do Día Internacional das Persoas de Idade, que se celebra este domingo.

ÚLTIMAS

O arquitecto paisaxista coruñés Aritz Sáez Aróstegui gaña un premio internacional

Semana axitada e viva para Aritz Sáez Aróstegui en Barcelona. O arquitecto e paisaxista...

Así fan barrio os comercios nos Mallos e Monte Alto polo Samaín

Arrincaron as celebracións do Samaín/Haloween/Samaween nos nosos barrios. Xa son moitos os anos nos...

Os vínculos familiares, protagonistas do Cormorán Film Fest

Xa está en marcha a sétima edición do Cormorán Film Fest, que se celebrará...

Un Cupón da ONCE pola primeira xornalística en galego: “Lamas, unha persoa cega, foi pioneiro do xornalismo”

O 1 de novembro, día en que naceu Valentín Lamas Carvajal, a ONCE dedicará...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here