InicioMOV. SOCIAISA UXT alerta sobre os datos de violencia de xénero

A UXT alerta sobre os datos de violencia de xénero

Publicada o

Por editor

Un venres máis, o sindicato UXT Coruña e Cee realizaba unha concentración ás porta da súa Sede na Avda. Fernández Latorre como mostra do rexeitamento á violencia de xénero.

O sindicato entende que os datos facilitados pola Delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero demostran que “a loita contra a violencia machista é cousa de todas”. “Datos que son só unha pequena parte do que está a suceder neste país, da grave vulneración de dereitos humanos para as vítimas e o gran negocio que supón a explotación sexual para os que se lucran de ela”. 

Piden así “máis recursos para poñer fin á violencia contra as mulleres, co fin de previr e dar unha atención integral ás vítimas” da violencia machista en todas as súas aristas:  trata sexual, violencia vicaria, violencia física, violencia económica, violencia psicolóxica, acoso sexual, violencia institucional, violencia obstétrica, aborto…

DATOS

Lembran que a día de hoxe son xa 49 as mulleres e 1 menor as asesinadas neste 2023 (1.233 mulleres dende o 1 de xaneiro de 2003 e 49 menores dende o 1 de xaneiro de 2013). “O número de mulleres asasinadas ata o mes de setembro é o mesmo número de mulleres asasinadas no ano 2021 e 2022, e aínda quedan 3 meses deste ano”, recordan.

Os datos do Ministerio sinalan que en España hai 81.308 casos de mulleres vítimas de violencia de xénero inscritos en VioGen (un 9,15 % máis que en agosto de 2022), das cales 21 vítimas se encontraban en un risco extremo (de peligro letal para a súa vida) e 1.035 en risco alto de volver a ser agredidas polo maltratador. Dos máis de 80.000 casos baixo vixilancia policial, na nosa provincia hai rexistrados 2.126, un deles en risco extremo e 28 en risco alto.

Segundo o informe anual da Inspección de Traballo e Seguridade Social, no 2021 en España realizáronse 642 actuacións por acoso que derivaron en 37 actas de infracción. .

Asi mesmo, o informe do Ministerio de Interior “Trata y explotación de seres humanos en España”, indica que no noso país, no ano 2022, identificáronse 120 mulleres e 4 nenas vítimas de trata sexual e, 400 mulleres e 10 nenas vítimas de explotación sexual.

ÚLTIMAS

O deporte, unha fonte de LGTBIfobia

● O 66% das persoas enquisadas por ADI manifestaron sentirse discriminadas algunha vez na...

O deporte feminino coruñés esperta do soño ante a falta de apoios

Mes para soñar na cidade herculina, cunha marea de equipos que chegaban con opcións...

O Concello de Oleiros afirma que Costas dá por finalizado o dragado do Burgo “sen facer tramos pendentes”

O Concello de Oleiros manifestou que a Demarcación de Costas deu por finalizado o...

Arenteirazo en Riazor

Xornada 34 – Deportivo 2 – 2  CD Arenteiro O Dépor perde dous...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here